Na presentación deste libro de Primi Nécega, que tivo lugar o día 18 de agosto de 2012 no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Manuel María.
Intervención do Cronista Oficial de Foz,
Suso Fernández.
A aparición dun novo libro é sempre un feito gozoso, e mais cando as súas páxinas levan a mensaxe do amor á terra da nacenza, ás súas xentes, ós devanceiros; terra na que temos as orixes, onde mamamos da teta materna, o mais fermoso vínculo coa vida; sobre a que demos os primeiros pasos, baixo a proteción amorosa e o exemplo paterno/maternal; terra na que transcurriron os días da candorosa infancia e da adolescencia, iniciando a aprendizaxe da loita da vida que, coas súas luces a as súas sombras, farán que vivamos días de ledicia e de gozo e tamén, demasiadas veces, de fondas amarguras e tristezas.
A poetisa chilena Gabriela Mistral dixo que “a verdadeira patria é a infancia; a patria é a paisaxe, o ceo, o chan e a atmósfera da nenez”.
Un deses libros, así de entrañable e nostálxico, é o que se presenta á consideración de vostedes. Fórmano un feixe de contos e relatos que son as vivencias dunha focega, ben coñecida e benquerida, pertencente a saga de vella raigame da vila, dotados os seus membros de manifesta sensibilidade artística na que a música e a poesía, expresión ámbalas dúas da mais delicada ternura, estiveron sempre presentes; pero tamén, dotada a autora da fortaleza precisa para encarar a vida, ratifícando así a que é característica antropolóxica da nosa raza: o matriarcado, unha constante ó longo da historia de Galicia, onde floreceron incontables heroínas, recoñecidas unhas, anónimas as mais. O mais fondo do ser desta terra, aparece baixo o tinte feminino. Tamén moito do mellor que leva producido o xenio indíxena débese ás mulleres, que moitas veces son a alma e o corpo do fogar; mulleres insignificantes ó exterior, pero moralmente grandes que levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do seu sostemento. Só un instinto animal, de feras en celo, ou un soplo anxélico insuflado ó nacer, poden explicar un temple tan heroico, de casi inhumana grandeza, que dixera Martínez Barbeito. Son a encarnación da muller forte da que fala o evanxeo…. E cando se aplican á cultura superan tamén moitas veces ós homes. Por eso nalgún momento histórico tense dito que “en Galicia os grandes homes…son mulleres”.
Eu sei que hoxe Primi vive unha xornada de especial emoción. Os avatares da vida levárona a vivir ó veciño Ribadeo. Alí é feliz, séntese querida e respetada. Pero nunca diu as costas ó seu Foz amado; endexamais esqueceo a querida Plazuela, escenario principal da súa nenez e adolescencia. Nen Fondós nenTupide ou A Fonte, santuario familiar, onde seu pai e seu irmán teceron o mais brillante historial dos asteleiros focegos do século XX; dalí saíron as mais esbeltas, as mais belidas embarcacións que nutriron flotas do Cantábrico. E agora mesmo atópase, con toda a carga emotiva, no epicentro daquel espacio urbano que garda tantas lembranzas: aquí, na histórica panera dos Martínez Otero, símbolo de tempos afastados, moi distintos ós de hoxendía, que por vontade do matrimonio benfeitor acolleo durante moitos anos distintos centros de ensinanza Na actualidade, convertida en ágora cultural, leva o nome inmorrente do poeta Manuel María; e aquí, na ilusión deste mito histórico, a poetisa absorve o néctar agredoce da nostalxia, da lembranza e da añoranza, rodeada polo agarimo dos seus de sempre, que nos sentimos felices de tela entre nós.
No noso libro “Cartafol de Foz”, decimos dela : “ muller de exquisita ternura e delicadeza é, sen dúbida, a mais sensible dos/das poetas da nómina do parnaso comarcal que canta ó amor, á familia, vibrando a súa lira con especial emoción ante os valores humanos mais profundos e duradeiros”.
SIN TI:
De ti me estoy acordando
En este día de amor.
En ti siempre voy pensando,
Añorándote, mi amor.
De mi vida ya se fueron
Paz, alegría e ilusión.
Y mis pasos van dejando
La huella de su dolor.
Y si viviera muchas vidas
¡siempre serías tú!.
Y si la muerte me llama
¡sé que me esperas tú!
E para remate permítanme unha alusión persoal: Juan María Nécega, o pai de Primi e mailo Xuez foron, toda a vida, grandes amigos. O Xuez era… meu pai. Moitas grazas.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



