No día de hoxe, na Casa de Cultura de Foz, o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, José Alfonso Fuente Parga, presentou xunto ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o programa de dinamización lingüística “Monólogos de serán”, que chegará a tres localidades da Mariña Lucense, concretamente a Foz, Burela e Ribadeo, esta fin de semana. Ademais, participaron na rolda de prensa Javier Jorge Castiñeira, alcalde de Foz; José María González Barcia, alcalde de Burela; Ana Martínez, concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo do Concello de Ribadeo; e Antón Lado, representante da empresa xestora Reverso Comunicación, Cultura e Lingua.
Esta actividade concedéuselle á Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, ao Concello de Foz e ao Concello de Burela por estar adheridos á Rede de Dinamización Lingüística. A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, agradeceulle ao presidente da Mancomunidade a realización desta actividade no Concello de Ribadeo.
————-
Monólogos de Serán
Xa están en marcha dos Monólogos de Serán, nove sesións coas que a Secretaría
Xeral de Política Lingüística promoverá o uso do galego noutros tantos concellos
adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL). O humor, a ironía e a retranca
serán os novos protagonistas desta iniciativa, coa que a RDL quere seguir
visibilizando a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos localizados nos
seus concellos e, asemade, potenciar os artistas galegos e en galego, para apoiar
deste xeito a lingua propia do país como principal ferramenta de creación artística.
Da man do monologuista Carlos Meixide, por mediación da empresa xestora
Reverso Comunicación, Cultura e Lingua, esta actividade encherá as prazas e rúas
máis concorridas durante 50 minutos nas fins de semana (venres, sábado ou
domingo) do mes de setembro, todas en horario de 19:30 a 20:20h.
Os obxectivos desta actividade correspóndense cos establecidos no Plan Xeral de
Normalización da Lingua Galega. Nomeadamente, promover o uso do galego;
incentivar o galego como ferramenta de creación artística; aumentar a oferta de
actividades de ocio na nosa lingua e impulsar os espazos en galego destinados ao
tempo de lecer.
Rede de Dinamización Lingüística
Os Monólogos de serán constitúen outra das iniciativa prevista na Programación
anual de actividades para o ano 2012 que o Consello de Membros da Rede de
Dinamización Lingüistica (RDL) aprobou, a proposta da súa Área Técnica, o pasado
mes de decembro.
A RDL é unha iniciativa impulsada polo Goberno galego, a través da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na que a día de hoxe participan xa
máis de 120 entidades de Galicia, co obxectivo prioritario de establecer e consolidar
vías estables de colaboración, cooperación e coordinación entre as administracións
local e autonómica, dando así un paso máis na promoción planificada do noso
idioma. Ampliar os usos da lingua galega, incrementar o seu prestixio social e
favorecer a súa visibilidade nos distintos ámbitos sociais son os seus principais
propósitos.
O diálogo entre administracións, entidades, fundacións, asociacións, colexios
profesionais, consorcios, entre outras entidades, supón unha nova dinámica de
traballo na que se priorizan a optimización dos recursos, se queren evitar as
duplicidades e se busca favorecer unha política lingüística mais eficiente e eficaz.
A partir dunha planificación lingüística conxunta, a RDL está a definir estratexias
básicas comúns en todo o territorio e compartindo experiencias, materiais e
información entre os seus diferentes membros.
Page 3
Carlos Meixide
*Fotografía de Natasha Lelenco
O humor é o levedo principal deste xornalista e escritor polifacético, coñecido polos
seus monólogos –aderezados coas súas dotes memorísticas- cos que leva entretido
medio país. Traballou como director, guionista e presentador en diversos
programas de entretemento da Televisión de Galicia, canle na que puidemos velo
como actor en series como Un Mundo de Historias ou Pepe o Inglés.
A súa experiencia artística plasmarase nos desternillantes Monólogos de Serán,
contadas nas que o humor e a retranca galega se hibridizarán con curiosidades e
anécdotas da vida cotiá. 50 minutos de diversión en familia chea de reviravoltas
lingüísticas e mais de paradoxos léxicos.
Roteiro
Durante o mes de setembro, os Monólogos de Serán chegarán a…
07/09/2012. Ponteceso. Casa-Museo Eduardo Pondal
08/09/2012. O Grove. Rúa da Pratería
09/09/2012. Castrelo de Miño. Complexo de Turismo Náutico (Avenida de Alejandro
Ferrer)
14/09/2012. Foz. Praza do Conde de Fontao
15/09/2012. Burela. Praza da Mariña
16/09/2012. Ribadeo. Rúa de Rodríguez Murias (zona das Catro Rúas)
22/09/2012. Monforte de Lemos. Parque dos Condes
29/09/2012. Cangas. Praza das Pontes
30/09/2012. Ribeira. Rúa de Galicia (á altura do Museo Municipal)





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



