ACORDOS DA ASEMBLEA NACIONAL DE ESPAZO ECOSOCIALISTA
A Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista reuniuse hoxe (12.09.2012) para
analizar o proceso de converxencia da esquerda nacional e do galeguismo político e
decidir sobre a súa orientación estratéxica tras uns días de reflexión nos que se
recibiron múltiples achegas de adheridos/as e simpatizantes.
Espazo Ecosocialista cre que estamos nun período de transición no que aínda
debemos esforzarnos máis por buscar o encontro da esquerda nacional e do
galeguismo político, para os que necesitamos espazos de experimentación nos
que superar o sectarismo e a fragmentación política.
Para Ecogaleguistas débese avanzar nos maiores espazos de unidade que fagan
posible alternativa democrática e electoral ao PP e posibilitar no futuro a
recomposición da esquerda en clave nacional e de renovación.
Lamentamonos de non ter acado a máxima unidade electoral que demanda a
cidadanía e defendida desde o primeiro momento polos Ecogaleguistas.
O debate nas últimas semanas en CxG puxo de relevo dúas concepcións de
construción do proxecto: a fundacional da cooperativa política inclusiva situada
na esquerda renovadora e a do partido nacional neutro defendida por outros,
ambas lexítimas pero desde o noso punto de vista incompatibles.
Espazo Ecosocialista mantívose con lealdade ata o último momento, mesmo
aparcando a posibilidade de participar como un membro máis da nova coalición, para
facilitar un acordo de incorporación de CxG á alianza ampla que nunca chegou.
O acordo de Coalición EU-Anova é un paso importante na unidade da esquerda e
na concentración electoral fronte ao PP, mesmo supón unha nova experiencia
na procura de superar a división da esquerda nacionalista/non nacionalista
baixo un proxecto nacional,
aínda que non resolve satisfactoriamente a
alternativa ampla, necesaria e crible para a cidadanía.
Temos diante de nos dúas tarefas fundamentais: reconstruír o espazo da esquerda
nacional renovadora e conseguir a derrota electoral do PP. Tarefas unicamente
posibles de conseguir desde a máxima unidade posible hoxe representada por
Alternativa Galega de Esquerdas.
Por todo isto, a Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista ACORDA:
1.
Por unanimidade abandonar o proxecto político de Compromiso por
Galicia.
2.
Abrir o diálogo político coa coalición electoral Alternativa Galega de
Esquerdas para incorporar o Espazo Ecosocialista a esta coalición,
facilitando a incorporación dun necesario sector social cidadá que doutro
xeito non se mobilizaría ante o imprescindible cambio político.
3.
Conscientes de que o proceso de renovación e converxencia da esquerda
galega non remata o 21-O, e de acordo coa nosa idea de cooperación
política na pluralidade, Espazo Ecosocialista manterá aberto o diálogo e
facilitará os espazos de encontro necesarios con todas as forzas
progresistas e galeguistas




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



