O PROXECTO RÍOS INICIA A SÚA CAMPAÑA DE OUTONO 2012
O 15 de setembro iniciouse a campaña de outono do Proxecto Ríos, dentro da cal se
realizarán diferentes actividades como a V Limpeza simultánea de ríos, o XVI Curso de
Formación, saídas formativas e o programa Roteirríos.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2012
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a
finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas
problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a
mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este
proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e a
Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas. A limpeza tamén será financiada pola Confederación Hidrográfica Miño Sil.
O Proxecto Ríos organiza unha rolda de prensa para a presentación da campaña de
outono de 2012, onde se dará cumprida conta das actividades programadas para esta
campaña como: a V Limpeza simultánea de ríos en toda Galiza, e as XVI Xornadas de formación
de coordinadores de grupos, diferentes saídas formativas por toda Galiza, e o programa
Roteirríos.
Esta presentación terá lugar en Santiago de Compostela (Travesa de Basquiños, 9
baixo) ás 12.00h da mañán o día 19 de setembro de 2012