A FAPACEL REXEITA O ANTEPROXECTO DE REFORMA EDUCATIVA APROBADO HOXE POLO CONSELLO DE MINISTROS
Unha vez mais vese o desprestixio do goberno central ante o ensino publico.
A existencia das revalidas parecenos unha forma de “clasificar” os alumnos, desfavorecendo os sectores sociais mais desfavorecidos. Que estas revalidas as fagan empresas externas supón a desconsideración que este goberno lles ten os Mestres, o poner en tela de xuízo o seu traballo.
O único que van conseguir estas revalidas e convertir o estudo nunha carreira de obstáculos onde o alumno, xa dende primaria, esta en mans do que decide alguen externo, que nin valora nin sabe como é o seu traballo.. Con todo isto o que se quere é expulsar do sistema educativo canto antes os alumnos e abocalos o fracaso o sentirense esquencidos. Coa elección en 3º de hacía onde quere levar os seus estudos o que fan é promover os centros de elite que o mismo Wert na sua comparecencia dixo que era o seu obxetivo. Ademais como un neno con 15 anos vai ter que tomar a decisión de elexir hacia onde quere levar o seu futuro, se esa capacidade de decisión ainda costa tomala con 18.
Coa idea de profesionalizar os directores acabouse a participación da Comunidade Educativa na xestion dos centros. Ademais a educación non é unha empresa, non se pode midir en rendemento económico ou académico se un director é valido ou non para un posto, deben influir moitos mais factores.
En canto a FP faran “CONTRATOS” as empresas cos estudantes para que estes entren a formarse…..¿que clase de “contratos” serán? pois ata agora facianse en practicas, no que o alumno soamente estaba para aprender do oficial. Se lles fan contratos, ¿será para que o alumno que está nos últimos cursos da FP traballe barato para o empresario?
En fin, unha lei segregadora que se encargara de facer centros elististas e con unas revalidas que botaran os nosos nenos da educación dun plumazo





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



