
1ª xornada da LNB conferencia NorLeste
Dende que a ACD O Varal alá polo 2005 puxo en marcha a LNB moito ten chovido. A perseverancia e ilusión dun fato de amigos que se xuntaban para xogar a billarda, deu os seus frutos. Hoxendía os abertos sucédense cuasi semanalmente espallándose por tódolos recunchos. Homes, mulleres, nenos e non tan nenos xúntanse cada finde para divertírense xuntos loitando deportivamente en igualdade de condicións. Como ferramenta un pau grande (o palán) e outro mais cativo (billarda, estornela, pincha, cachiza, etc. etc.) ca finalidade de acadar o varal (portería) antes co rival e convertirse no gañador da xornada.
O Aberto do Vermú de Remourelle que facemos como antesala do comenzo de cada nova tempada, foi nomeado e ficará xa para sempre como “Memorial Calvete” como homenaxe póstumo a ese gran referente do universo billardeiro que nos deixou tantas enseñanzas no terreo deportivo como vivencias no persoal. Estamos certos que en cada aberto e dende donde queira que esté, él está con nos sorrindo e aplaudindo cada xogada.
O sábado 22 de setembro de 2012, a Liga Nacional de Billarda comezou en Burela un ano mais. Novos equipos, novos palanadores, misma ilusión e moita mais competencia. En cada enfrontamento saltan chispas, a un bo tiro sucédelle un varado. Xa ninguén o ten doado, nadie se agacha. Os mellores xa non o son tanto e os mais froxos deixaron de selo.
Dez equipos nesta primeira xornada que presentaron a corenta e dous palanadores para a disputa do “IV Aberto do Bonito”. Algunha ausencia por motivos persoais e tamén novas incorporacións aos equipos. Como xa dixemos moita competencia nas carreiras, ainda así os mais dos favoritos con algúnha sorpresa, foron quen de manter os primeiros postos.
Conseguiron pleno de victorias Eric de “Os Outros” Martiño de “Remourelle Bulls” e Richard de “Tropa lixeira” que houberon de desfacelo empate en tres carreiras e rematando polo orden citado no aberto e co mesmo número de puntos (10 p.) para a clasificación xeral todos eles. Con 9 puntos remataron Daniel, Charly e Regueiro sendo as primeiras mulleres Elena con 7 e Geni, Lucia e Reyes con 6 puntos.
En varados Eric, Regueiro e Charli fixeron tres seguidos de Martiño con 2 e once palanadores mais con 1.
Por equipos “Os Outros” mandan con 30 p., logo “Remourelle Bulls” con 29 p. e “Billardeiros Musicais” con 26 p.
A segunda xornada será en Muimenta o vindeiro 20 de outubro na que agardamos se sumen xa os ausentes nesta primeira xornada.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
