Cervo rememorará o Un, dous tres…responda outra vez con motivo do Día das Persoas de Idade
-Tres parellas participarán no concurso que se representará no Auditorio da Casa da Cultura este domingo
-Presentadoras, azafatas, actuacións cómicas e musicais e ambientación escénica uniranse para lembrar, co máximo realismo, o clásico programa
Cervo, 25 de setembro de 2012-O Concello de Cervo prepara un acto especial para conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade que se celebra o 1 de outubro. En concreto, o departamento de Servizos Sociais ten previsto revivir o clásico concurso de televisión Un, dous, tres…responda outra vez. Nesta ocasión, a Concellería realizará unha adaptación do programa, coa ambientación e as personaxes típicas e engadindo certas peculiaridades, como preguntas de temática nostálxica e referente a décadas pasadas. A cita será o domingo, día 30 a partir das 18:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
Deste xeito, o Auditorio converterase nun plató de televisión con ambientación escénica, iluminación, son, cámaras e demais equipos, que permitirán imprimirlle o máximo realismo posible á posta en escena, e polo que pasarán presentadoras, azafatas, actuacións cómicas e musicais e, por suposto, os concursantes. Haberá tres parellas que participarán respondendo ás preguntas e que optarán a premios cedidos por empresas e comercios de Cervo. Ademais, non faltarán as sorpresas, que se irán descubrindo ao longo do desenvolvemento do concurso.
Este concurso é un acto aberto ao que están convidadas a asistir como público todas as persoas que desexen divertirse rememorando o mítico programa creado nos anos 70 por Narciso Ibáñez Serrador. O obxectivo final desta actividade é “facer un recoñecemento a todas as persoas maiores, aproveitando o seu día, a través dun acto divertido e orixinal como é lembrar o concurso que marcou a varias xeracións e que ben seguro permanece na memoria colectiva de moitas persoas, que se reunían ao redor do televisor para velo” explica a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.
Ademais, neste acto, a Concellería de Servizos Sociais iniciará unha campaña de captación de fondos para a adquisición de medicinas para os nenos dos campamentos de refuxiados saharauís. Unha campaña que se levará a cabo nos distintos eventos que organice a administración local cervense.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



