A Mesa lamenta a “falta de palabra” da presidenta do Parlamento e agarda que a nova composición do Hórreo “non considere prescindíbel o galego na telefonía móbil”
Pilar Rojo comprometérase persoalmente a que a concesionaria de telefonía móbil da Cámara garantiría a atención en galego e agora non pide nin que os terminais teñan esta opción
O PP considera “prescindíbel” a opción de galego na telefonía móbil
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012.- O 8 de abril de 2011 mantiveron unha entrevista institucional o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, e a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo. Ademais de lle trasladar a súa preocupación polas políticas lingüísticas, culturais e educativas do Goberno galego, o representante da entidade cidadá conseguiu de Rojo un compromiso concreto. Así, a presidenta do Parlamento comprometeuse nese momento a garantir a atención en galego como un requisito para a que fose a próxima concesionaria de telefonía móbil na Cámara do Hórreo. Nese momento, Callón valorou positivamente o acordo e salientou que “a súa concreción non só vai beneficiar os dereitos lingüísticos das deputadas e dos deputados, senón os do conxunto da cidadanía, xa que a empresa concesionaria vai aumentar o seu persoal capacitado para poder respondernos no noso idioma”.
No entanto, a Cámara do Hórreo está a renovar nestes momentos o contrato de telefonía móbil sen incluír nin tan sequera a opción de que o galego estea presente nos terminais, a pesar de que “tal opción existe no mercado”, como lembran desde A Mesa. A asociación reproba que o Partido Popular “considere prescindíbel ter cando menos a opción de escoller a lingua que o Estatuto de autonomía recoñece como a oficial de Galiza”. Para Callón, “hai un problema na palabra da presidenta do Parlamento, mais tamén un relevo simbólico moi grande, e moi negativo, en que se poida considerar prescindíbel o noso idioma”. Por iso, agarda que “o Parlamento que saia das urnas o 21 de outubro non considere prescindíbel o noso idioma”.
O presidente da Mesa tamén chamou a atención ao feito de que a actual empresa concesionaria, Movistar, infrinxe unha lei aprobada por unanimidade no propio Parlamento, que sinala que as empresas prestadoras de servizos deben garantir que calquera persoa poida falar en galego sen ningún obstáculo. “Porén, a día de hoxe, dáse a circunstancia paradoxal de que as liñas móbiles da Xunta e do Parlamento non teñen opción para que Movistar os atenda en galego, xa que se trata de liñas de empresa, e para esas Movistar non ten servizo no noso idioma”, observa Callón, quen ofrece o dato de que “mentres o galego está excluído, resulta que Movistar oferta poder falar desde Galiza en castelán, catalán, italiano, inglés, francés e alemán. E logo nós non existimos?”






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



