Ampliado o prazo para solicitar as 70 becas que a Deputación ofrece gratis a mozos titulados ante a avalancha final de peticións
– A documentación para optar ás bolsas de emprego Leonardo da Vinci poderase entregar en San Marcos ou na Fundación TIC ata o 9 de outubro
– As becas están dirixidas a universitarios en profesións relacionadas co medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida; e titulados de FP en audiovisuais
– Os beneficiarios mellorarán a súa formación facendo prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda
A Deputación de Lugo decidiu ampliar o prazo para solicitar as 70 bolsas de emprego en Europa que ofrece gratis ós mozos titulados da provincia ante a avalancha final de peticións rexistrada. A inscrición prolóngase ata o día 9 de outubro, segundo publica este martes o Boletín Oficial da Provincia (BOP), co fin de dar cabida ó maior número de solicitudes para estas becas, unha oportunidade das que cada vez existen menos polo descenso do investimento neste ámbito, dun 3,8% a nivel nacional para o 2013, e unha ferramenta para loitar contra o desemprego, que, segundo os datos publicados hoxe mesmo, subiu ata as 25.239 persoas en Lugo en setembro, un 2% máis que en agosto e un 13% máis que hai un ano, sendo a provincia galega cun maior incremento, tanto intermensual, como interanual.
Os interesados en solicitalas bolsas, que permiten mellorar a formación facendo prácticas en empresas europeas, poden entregar en San Marcos ou nas instalacións da Fundación TIC a documentación requirida, que poden consultar na páxina www.deputacionlugo.org
Trátase de 70 becas enmarcadas no programa europeo Leonardo da Vinci, de dous tipos:
As Lugojob: 50 becas para lucenses menores de 35 anos con formación universitaria relacionada cos seguintes sectores: agricultura, silvicultura, pesca, protección do medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. Lugojob ofrécelles prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda durante 3 meses e medio.
As TIC Lugo: a Fundación TIC, como organismo provincial especializado no desenvolvemento das tecnoloxías da Información e da Comunicación, xestiona 20 becas para lucenses menores de 30 anos, que nos últimos tres anos remataron os seus estudos na Escola de Imaxe e Son da TIC. Ticlugo ofrécelles prácticas en empresas de Portugal, Italia e Irlanda durante 3 meses.
A documentación necesaria
Os interesados nestas accións formativas, financiadas ó 70% pola UE, deberán entregar a seguinte documentación: fotocopia do DNI, certificado ou volante actualizado de empadroamento nalgún dos Concellos da provincia, fotocopia do título académico, currículo, certificado actualizado de períodos de inscrición como demandante de emprego, un escrito indicando a adecuación do título académico ós sectores ós que se dirixen as bolsas, e unha declaración responsable de non ser anteriores beneficiarios dunha axuda Leonardo da Vinci.
No caso das becas Lugojob, hai que entregar esta documentación no Rexistro da Deputación de Lugo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a sábado. Pola súa banda, os aspirantes ás bolsas Ticlugo, teñen que facelo na secretaría da Escola de Imaxe e Son, na rúa Frei Plácido Rei Lemos da capital, en horario de 8:30 a 15:00, de luns a venres.
Proceso de selección
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitude, publicarase no Taboleiro de Anuncios e nas páxinas web da Deputación e a Fundación TIC a listaxe de aspirantes. Como figura nas bases, o proceso de selección consistirá nunha proba de coñecemento (un cuestionario tipo test de 20 preguntas), na baremación dos méritos acreditados polos peticionarios e nunha entrevista persoal. A lista de admitidos publicarase no Taboleiro de Anuncios de Deputación e Fundación TIC, e nas súas webs: www.deputacionlugo.org e www.fundaciontic.org






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



