ONTE ABRIU AS SÚAS PORTAS EN BURELA O CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA FUNDACIÓN EU SON. GONZÁLEZ BARCIA DESTACA A PORTA EN MARCHA DUN PROXECTO QUE NO SEU DÍA INICIOU O PP. DIANA DURÁN SUBLIÑA A IMPORTANCIA QUE TERÁN ESTAS INSTALACIÓNS PARA OS USUARIOS E PARA AS SÚAS FAMILIAS.
Burela, 2 de outubro de 2012. Onte abriu as súas portas en Burela o centro de día para persoas con discapacidade intelectual da Fundación Eu Son, segundo daba a coñecer esta mañá a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán.
O horario de funcionamento será de dez da mañá a seis da tarde de lunes a venres. Contará con comedor, coidados persoais e atención individual e saúde, programas psicosociais, rehabilitación menor e atención psicolóxica. O centro de día da Fundación Eu Son contará cunha psicóloga, con terapeuta ocupacional, técnico de integración social, mestre en audición e linguaxe, monitores de obradoiros, fisioterapeuta e coidadores.
Durante o mes de setembro houbo un período de adaptación entre familias, persoas usuarias e profesionais, para que agora en outubro se fixese efectiva a apertura do centro de día para persoas con discapacidade intelectual.
Diana Durán amósase moi satisfeita da apertura do centro de día para persoas con discapacidade intelectual, pertencente á Fundación Eu Son, da que é vocal do padroado xunto ao Alcalde de Burela, José Mª González Barcia, presidente do mesmo. A edil popular sinalou que “pouco a pouco fomos cumprindo os prazos que nos marcamos ata chegar a este importante día”.
O alcalde de Burela deixou constancia de que “este equipo de goberno traballa, resolve problemas e pon en marcha servizos” e lembrou que “este proxecto naceu na anterior etapa do equipo de goberno do PP e sorprendentemente durante cuatro anos non se fixo absolutamente nada ao respecto. Que cadaquen saque as súas propias conclusións”.
A delegada burelesa de Servizos Sociais dixo que “o alcalde José Mª González Barcia e máis eu mesma tratamos este tema, de absoluta prioridade para o noso equipo de goberno, coa secretaria autonómica de Política Social, Coro Piñeiro, e coa conselleira de Benestar, Beatriz Mato. E xunto á dirección do centro tamén se mantiveron varias reunións coa Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en materia de dependencia”.
A edil popular indicou que “non foi unha labor fácil, mais ben todo o contrario, pero non por iso se deixou de traballar, e agora o que era un proxecto acaba de converterse en realidade, nunha realidade moi importante para os usuarios do centro e para as súas familias”.
José María González Barcia manifestou que “en escasamente ano e medio puxemos en marcha servizos e resolvemos problemas que en catro anos brillaron pola súa ausencia. Esta liña de traballo continuará durante os tres vindeiros anos”. O alcalde de Burela agarda que “os que non iniciaron nada sobre asunto e os que dicían que nunca se abriría agora saiban recoñecer o traballo desenvolvido para poñelo en marcha”.
O centro de día da Fundación Eu Son bota a andar con 6 usuarios e tres persoas máis están pendentes de iniciar os trámites para comezar a empregar estas instalacións, que contan con 20 prazas de capacidade.
Durán e González Barcia, que visitaron o centro nas últimas horas, sinalaron que “é de ámbito comarcal e que calquera persoa que queira beneficiarse deste equipamento pode poñerse en contacto cos servizos sociais do seu Concello, do de Burela ou coa propio dirección da Fundación Eu Son, xa que están totalmente coordinados”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



