O CONCELLO ARRANXOU UN VIAL, TITULARIDADE DA DEPUTACIÓN DE LUGO, AO NON REPARALO A INSTITUCIÓN PROVINCIAL. EMMA ÁLVAREZ SUBLIÑA QUE O AMAÑO ERA URXENTE DEBIDO Á GRANDE CANTIDADE DE XENTE QUE TRANSITARÁ POR ALÍ DURANTE A CELEBRACIÓN DA FESTA DA FABA.
Lourenzá, 3 de outubro de 2012. O Concello de Lourenzá arranxou un vial que é titularidade da Deputación de Lugo, ao non reparalo o organismo provincial. A alcaldesa, Emma Álvarez, subliña que este amaño era urxente debido á grande cantidade de xente que transitará polo mesmo durante a celebración da festa da faba a vindeira fin de semana.
A rexedora contou que “no ano 2005 o entón presidente da Deputación, Francisco Cacharro, e o Concello de Lourenzá chegaron a un acordo de cambiar unha estrada, a do camiño A, que inicialmente fora da concentración parcelaria, por un tramo da estrada CP-2801 e facer ese cambio porque o treito que asumía o Concello era mais rural e o que asumía a Deputación tiña mais tráfico”.
Álvarez lembrou que “nun pleno celebrado o pasado 31 de agosto PP, PSOE e BNG aprobaron por unanimidade que a Deputación de Lugo se fixese cargo dese vial. Hai tamén algún acordo da Deputacion de Lugo neste sentido e posteriormente incluso hai algún documento onde a Deputacion nos di que esa carretera pasou a formar parte da rede de estradas provinciais. Nese vial a institución provincial correu coas tarefas mantemento de desbroce durante varios anos e incluso fixo un rexenerado do pavimento en mais do 80 por cento da vía”.
A alcaldesa de Lourenzá dixo que “para que ese intercambio fora de pleno dereito tiña que haber un convenio firmado entre o Concello e a Deputación. Dito convenio en varias ocasións por parte do Concello se pediu que se redactara e se asinara por parte da Deputación de Lugo e dende que houbo cambio de goberno non se chegou a asinar”.
Emma Álvarez mantivo un encontro nas últimas horas co delegado de Obras da Deputación, Manuel Martínez, “e incluso me facilitou un borrador de convenio co nome do presidente, Jose Ramón Gómez Besteiro, e por parte do Concello o anterior alcalde, Vidal Martínez. O certo é que está sin firmar ese convenio, pero dende o Concello de Lourenzá sempre demos por feito que o cambio de titularidade era a todos os efectos, posto que se pediran licencias incluso por parte de particulares e do propio Concello para facer obras a carón do tramo novo que asumía a Deputación e esas licencias foron dadas por parte desa institución”.
A rexedora engadiu que “nós sempre tivemos presente que o camiño formaba parte da rede de estradas da Deputacion de Lugo, tal e como consta en documentos que temos no noso poder e dende o ano 2011 en reiteradas ocasións se lle comunicou que había un badén mais ou menos á metade do traxecto por enriba dun río, precisamente por enrima duns tubos que cruzan o río, e houbo un afundimento. Ese badén cada vez era mais profundo, e en reiteradas ocasions lles pedimos que o arreglasen, lles pedimos tamén que se non o amañaban que mandasen polo menos un equipo técnico para valorar a ver como se podía amañar e non nos fixeronnos caso. O mesmo caso que me fixo o señor Martínez onte cando estiven con él e me decía que a Deputacion tomara o acordo de non asumir mais carreteras, pero o certo é que este acordo xa viña dende o ano 2005”.
Emma Álvarez subliñou que “entón o Concello á vista da perigosidade que ten esa estrada co badén tomouse a precaución de facer unha obra de urxencia, obra que así se comunicou esta mañá vía telefónica á Deputación e que consiste en facer un recheo do badén con aglomerado. Esto é algo provisional porque esta fin de semana vai haber moito público que acudirá a Lourenzá con motivo da celebración da festa da faba e para evitar un mal maior adoptamos esta medida. Non obstante a principios da semana que ven iniciaremos xa as obras de acondicionameinto deste badén para lograr unha solución máis duradeira”.
A alcaldesa insistiu en que “esta estrada é da Deputación de Lugo e terá que haber un acordo no que se desdigan daquel no que decían que asumían esta carretera”.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



