O BNG INSISTE EN QUE A FALLA DE PREVISIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE E DO HOSPITAL DA COSTA ESTÁ A PÓR EN RISCO A SAÚDE DOS ENFERMOS DE CANCRO DA MARIÑA
Ermida pida a comparecencia do presidente en funcións Núñez Feijóo ou da conselleira Rocío Mosquera para aclarar a situación e buscarlle unha solución
Os nacionalistas tachan de ‘temeraria’ a xestión sanitaria do Partido Popular
Burela, 9 de outubro de 2012. O Bloque Nacionalista da Mariña pide á consellería de Sanidade explicacións ‘máis convincentes e coherentes’ sobre a supresión do tratamento do cancro de vexiga con bacilo Camette Guérin (BCG) no Hospital da Costa de Burela.
A candidata nacionalista aos comicios do 21-O ao Parlamento galego, Ana Ermida, asegura que ‘se é certo que a Axencia Española do Medicamento informou no mes de xullo do desabastecemento deste fármaco, a situación é aínda máis grave ao quedar demostrada a falla de actuacións, tanto do Goberno do Estado como do Goberno de Galiza, para que os hospitais poidan administrar este medicamento que está considerado internacionalmente como o máis eficaz contra o cancro de vexiga.
‘Até hai uns días, o Hospital da Costa –precisa Ermida- tiña citados, para esta mesma semana, a enfermos de cancro para subministrarlle dito tratamento, polo que ben o presidente en funcións, Alberto Núñez Feijóo, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, ou o xerente do hospital, José Insua, teñen que aclarar esta situación e explicar que cambios houbo en menos dunha semana para, de súpeto, comunicarlle aos pacientes que deixarían de recibir o tratamento que precisan con BCG sen darlles unha data para reinicialo”.
Dende o BNG da Mariña insisten en que ‘o menos importante é se o preparado ten fins curativos ou, como din dende a consellería de Sanidade, emprégase para evitar rebrotes en certos tumores urolóxicos. O importante é que a falla de previsión da consellería e da xerencia do centro hospitalario está a pór en risco a saúde dos pacientes de cancro’.
Para a candidata nacionalista ‘a xestión do Partido Popular ao fronte da sanidade galega é temeraria’ e recorda aos populares que ‘os únicos que empregan a sanidade pública galega para crear alarma social son eles desmantelando centros sanitarios, pechando servizos de urxencia, reducindo a contratación de persoal para cubrir baixas e vacacións, incrementando as listas de espera e suprimindo tratamentos de patoloxías graves.’



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



