OS NACIONALISTAS COMPROMETEN UNHA ACCIÓN DE GOBERNO SUSTENTADA NO EMPREGO E NO BENESTAR
Ana Ermida urxe solucións para os 9000 lucenses que seguen a agardar pola certificación da dependencia
O BNG denuncia que o PP deixou sen financiación para a axuda no fogar a todos os Concellos da Comarca da Mariña
A Mariña, 13 de Outubro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego desenvolveu na xornada de hoxe diferentes actos ao longo dos Concellos da Mariña nos que participaron militantes da organización na Comarca, así como os candidatos e candidatas da forza nacionalista pola Mariña.
Ana Ermida, que participou na mañá de hoxe nun acto na vila de Ferreira de Valadouro, denunciou “as políticas en materia de benestar do Partido Popular que non só paralizou a posta en marcha das diferentes infraestruturas sociais, de xeito moi particular os centros de día que comprometeu no seu programa electoral fai catro anos por en marcha en todos os Concellos de menos de mil habitantes e dos que a día de hoxe non sabemos nada así como a paralización aos centros residenciais. É unha auténtica vergoña a negativa da Xunta de Galiza a autorizar a posta en funcionamento da rede de residencias da Deputación de Lugo, paralizando a execución das mesmas en diversos concellos, a pesar de que o investimento para a construción das mesmas non representaba ningún custe para a administradción autonómica, ao igual que o mantemento das dotacións, dotacións que ían garantir a prestación de servizos de calidade para os nosos maiores, dotacións que ían contribuír de xeito decidido a creación de emprego e xa por último dotacións que ían contribuír ao equilibrio territorial da Galiza interior”.
A candidata nacionalista denunciou tamén “os recortes do PP na Xunta e no Estado en materia de axuda no fogar, tanto para dependentes como para o básico. Así, na proposta de Orzamentos para 2013 o Estado procedeu a reducir a contía da financiación para a mesma en 300 millóns de euros, ao que temos que sumarlle o recorte de 200 millóns de euros do pasado exerzizo orzamentario e o que significa a efectos prácticos a conversión do que era un servizo, como sempre entendemos a atención a dependentes, nun negocio. Tanto é así que o propio Goberno Galego fixou unhas novas novas taxas a pagar polos que receben esta prestación, que implica que os seus usuarios terán que pagar entre o 74 e o 92% do custo da mesma. Decisións como estas poñen en evidencia que o PP non ten humanidade, que o PP non ten alma, que o PP só goberna para os poderosos, en definitiva que o PP só busca o beneficio mesmo xogando con aqueles máis necesitados. Pero se grave é o que acontece cun servizo de axuda de fogar para dependentes, con máis de 25.000 galegos e galegas, sen ter resolta a petición da mesma, grave é tamén o que acontece coa axuda do fogar básico unha vez que a Xunta de Galiza deixou sen financiamento para o mesmo a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes e por conseguinte a todos os Concellos da Mariña”.
Xa por último, Ana Ermida, que participou nun acto en Lourenzá, volveu a demandar “unha acción do goberno que se asente sobre dous eixos, a creación de emprego e a defensa dos servizos públicos. Os Concellos de Mondoñedo e Lourenzá, que foron sometidos na época Feijoo coa colaboración activa do Goberno da Xunta a dous procesos de perda de emprego salvaxe, seguen agardando polos plans de acompañamento social que naquel momento demandaron de xeito unánime as corporacións dun e doutro Concello e comprometidas pola Xunta. Tamén neste caso a Xunta de Galiza minte, porque para o PP as políticas que afectan de xeito directo ao benestar das persoas non son unha prioridade”.


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



