Ermida afirma que o PP pretende converter ao Hospital da Costa nunha sucursal do de Lugo
Os nacionalistas denuncian que Feijoo cruzou todas as liñas vermellas en materia sanitaria.
O BNG lamenta que o PP situara ao Hospital da Costa á cabeza de Galiza en listas de espera
Burela, 15 de outubro de 2012. Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego, encabezada pola candidata número 3 por Lugo, mantivo na xornada de hoxe unha reunión con representantes da Xunta de Persoal do Hospital da Costa onde analizaron a evolución da asistencia sanitaria neste centro así como no conxunto da área da Mariña ao mesmo tempo que aproveitaron o encontro para explicar as propostas dos nacionalistas nesta materia.
Ana Ermida expresou “ a preocupación pola evolución da atención sanitaria na área da Mariña nestes catro últimos anos, dos que son exemplos ben clarificadores os diversos intentos de desmantelamento do Hospital para convertelo nunha sucursal do de Lugo e a paralización do “Plano Mellora” dirixido a atención primaria e que representou unha importante redución da carteira de servizos nos mesmos. O retroceso vivido pola atención hospitalaria na costa nestes catro últimos anos non ten comparación con ningún outro período, até o punto de que foron quen de facer del, o primeiro en canto a listas de agardas de todos os hospitais do SERGAS. É máis, un partido, neste caso o PP, que chegou ao Goberno afirmando que ía proceder a ampliación do Hospital da Costa, non só adopta como primeira decisión a anulación do seu Plano Director, senón que limita esta ampliación a colocación no recinto do centro, dunhas casetas de obra onde pasar consultas. Esta é a ampliación do Hospital do PP.”
A candidata nacionalista indicou que “o Partido Popular cruzou todas as liñas vermellas en materia sanitaria, inda máis aló do que ninguén nunca se puido imaxinar. Comezou, e segue, tentando suprimir a Area Sanitaria da Costa, decisión que foi paralizada primeiro pola masiva mobilización social da comarca e despois por razóns electorais, o que fai críbel pensar que no caso de non ser derrotado o PP nas autonómicas procederan a facelo efectivo. Continuaron establecendo o repago sanitario, tanto pola vía de fixar unha taxa fixa para os pensionistas, curiosamente aquel sector que acolle as persoas cun dos niveis de renda máis baixos, como pola vía de excluír da gratuidade do catalogo de medicamentos algúns de uso máis común. E a esta axenda é a que pretenden darlle continuidade, isto é unha axenda que non ten outra orientación que facer da sanidade un negocio, xogando neste caso coa desgraza daqueles que peor o están pasando”.
“O PP converteu o Hospital da Costa nun centro onde expender certificados para derivar pacientes mariñaos a centros privados” , afirmou Ermida quen recalcou que “ a situación do Hospital da Costa non é fundamentalmente resultado dunha xestión ineficaz da súa equipa directiva, senón que está vinculado a un deseño do goberno galego que xira arredor da privatización e da centralización dos servizos médicos. A redución de facultativos, a ausencia de determinadas terapias que se viñan ofrecendo en Burela, o colapso das urxencias hospitalarias ou a existencia dunhas listas de espera trucadas non son máis que a consecuencia dunha política sanitaria que reserva o diñeiro para asinar concertos cos centros privados e que deixa sen orzamento aos públicos. Outro tanto esta acontecer coa paralización do Plano Mellora en atención primaria que provocou co propio sistema público de saúde incumpra a propia normativa que ten elaborado a Xunta, nomeadamente no referido ás ratios entre facultativos e usuarios , que no caso dos ATS non poderían superan as 1000 cartillas”.


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



