A Deputación destina 5 millóns ó Plan de Conservación de Estradas de 2013, mantendo uns 350 empregos
– A Xunta de Goberno aprobou prorrogar por un ano a adxudicación dos traballos de mantemento dos 4.200 quilómetros da rede viaria provincial a 7 empresas
– Martínez destacou o “gran esforzo inversor” do organismo lugués para mellorar as súas estradas, o benestar dos veciños e vertebrar o territorio, mentres espera a que “a Xunta desbloquee o proceso de transferencia, que mantén parado dende 2009”
– A Deputación asume os preto de 32.000 euros necesarios para poñer en servizo a traída de auga dos núcleos de Mourillón e Toubille, en Láncara, pola que agardan os veciños dende hai 5 anos e que non puido funcionar antes porque a adxudicataria das obras quebrou
A Deputación de Lugo destina preto de 5 millóns de euros ó Plan de Conservación de Estradas de 2013. Dos traballos de mantemento dos 4.200 quilómetros da rede viaria provincial ocuparanse as 7 mesmas empresas que o veñen facendo dende hai dous anos, pois a Xunta de Goberno aprobou este luns prorrogar por un ano e por un importe de 4.962.416,60 euros a adxudicación do Plan que o organismo provincial fixo en 2010.
O Voceiro provincial socialista e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, destacou que co Plan de Conservación de Estradas “garantimos o bo estado da rede viaria provincial e, con elo, as condicións de seguridade das estradas e o benestar dos veciños, vertebramos o territorio, pero ademais creamos emprego”. Deste xeito, cos contratos deste proxecto, a Deputación “contribúe a manter uns 350 postos de traballo directos nas 7 firmas adxudicatarias, algo moi importante nun dos sectores máis castigados polo paro: A provincia de Lugo ten hoxe mil desempregados máis na construción que hai tres anos, o que supón un aumento do 30%”, sinalou Martínez.
8 Zonas
En 2010, a institución luguesa reestruturou a conservación de estradas, pasando de 13 a 8 zonas, unha medida coa que, segundo subliñou o Deputado, conseguiu:
Por un lado, aforrar custes, pois ó reducir as zonas tamén é menor o número de empresas adxudicatarias,” o que significa que a adxudicación nos sae máis barata porque a mesma empresa encárgase de máis Concellos”.
Por outro, “prestamos unha atención máis eficaz ós veciños porque o servizo está máis centralizado”.
As empresas adxudicatarias por Zonas son as seguintes:
– Zona 1: adxudicada á UTE J. Sanjurjo S.L.-Carferlo S.L. Formada polos Concellos de Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba, que suman 530 quilómetros. Orzamento: 599.451,47 euros.
– Zona 2: Adxudicada a Isidro Otero. Formada polos Concellos do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova. Suman un total de 618 quilómetros. Orzamento: 774.119,17.
– Zona 3: Adxudicada a Taboada e Ramos. Formada polos Concellos de Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla. Estes Concellos suman 668 quilómetros. Orzamento: 722.422,54.
– Zona 4: Adxudicada a Taboada e Ramos. Formada polos Concellos de (Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela. Neste caso, a Conservación afecta a 680 quilómetros e o investimento ascende 668.251,32 euros.
– Zona 5: Adxudicada a Carballeira S.L. Os municipios incluídos nesta zona son: Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna. Estes cinco Concellos suman 332 quilómetros e a Conservación é de 484.312,89 euros.
– Zona 6: Adxudicada a Cymot S.A. Formada polos Concellos de Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Suman 334 quilómetros e un investimento de 486.235,50 euros.
– Zona 7: Adxudicada á UTE Misturas S.A-Xuncal S.L. Formada polos Concellos Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. En total, 313 quilómetros e 459.827,46 euros.
– Zona 8: Adxudicada a Xuncal S.L. Formada polos Concellos de Bóveda, Pobra de Brollón, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo. Neste caso o investimento é de 767.796,25 euros.
Aglomerado, rebacheo e sinalización
Nos últimos anos, a Deputación investiu máis de 60 millóns de euros na mellora con aglomerado en quente de 1.000 quilómetros de vías, o mellor material que existe no mercado para garantir a durabilidade e a seguridade nas nosas estradas. Acometeu tamén plans de rebacheo, como foi o de este ano, nas estradas dos 67 Concellos da provincia; e proxectos de sinalización e balizamento de todas as vías provinciais. Entre outras actuacións:
Colocou máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop).
Un milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas.
Máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña.
Sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades.
Instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.
A Deputación fai “un gran esforzo” na conservación e mellora da rede viaria provincial, a máis extensa de España, “mentres seguimos esperando por que a Xunta complete o proceso de transferencia de estradas, que mantén bloqueado dende 2009”. A proposta recollida no Plan Director de Estradas de Galicia do pasado ano 2011 fixaba a transferencia de 213 quilómetros (30 estradas) da Xunta á Deputación, en tanto que esta traspasaba á Administración galega 142 quilómetros (14 estradas). Dado o desequilibrio entre unha oferta e outra, a Deputación propuxo engadir 7 estradas máis, que sumarían outros 94 quilómetros. A día de hoxe, a institución provincial non tivo resposta.
Traída en Láncara
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou o Plan de Seguridade e Saúde no Traballo das obras necesarias para poñer en servizo a traída de auga dos núcleos de Mourillón e Toubille, no Concello de Láncara, o último trámite necesario para poder iniciar os traballos, que, polo tanto, comezarán nos vindeiros días. Os veciños levan esperando polo funcionamento desta rede de abastecemento dende hai 5 anos, un servizo que non puido activarse antes porque a empresa que se ocupou das obras, acometidas a través dun POL de 2006, entrou en quebra.
As actuacións que asume agora a Deputación teñen un orzamento de 31.300 euros e un prazo de execución de un mes. Consistirán basicamente en reparar os equipamentos e dispositivos que se deterioraron durante o tempo que estiveron paradas a ETAP e o depósito da traída.


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



