O pasado sábado 13 de outubro tiña que celebrarse a tirada de bolos municipal do Club Social de Palmeiro, pero non se celebrou, xa que se suspendeu debido a que un nutrido grupo de tiradores do CLUB DE BOLOS XOVE desprazouse a Asturias a participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍAS XUVENIL, FEMENINA E VETERANOS. Este Campionato de España celebrouse os dias 13 e 14 de outubro nos campos de La Panera (Cangas de Narcea – Asturias) e campos de San Roque (Tineo – Asturias), desenvolvéndose as finais neste último campo.
Os resultados obtidos pódense calificar de espectaculares, especialmente en categoría xuvenil
.
En CATEGORÍA XUVENIL os dous finalistas foron ALEX MEITÍN SERANTES (CAMPIÓN) E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN (SUBCAMPIÓN), ámbolos dous do CLUB DE BOLOS XOVE.
En CATEGORÍA PARELLAS XUVENÍS, os anteriores ÁLEX MEITÍN SERANTES E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN proclamáronse tamén CAMPIÓNS DE ESPAÑA nesta categoría. Nesta mesma categoría o xogador xovense CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO, formando parella con DAVID DÍAZ do Club de La Panera, clasificouse en TERCEIRA POSICIÓN final.
En CATEGORÍA FEMININA a xovense CARMEN ROCA CORRAL quedou nunha moi meritoria CUARTA POSICIÓN, despois, iso sí, de perder coa actual campiona de España. Outra xovense, BELÉN METÍN, sigueulle na clasificación, acadando a QUINTA POSICIÓN.
Xa en CATEGORÍA VETERANOS, os xovenses ARTURO RODRÍGUEZ e JOSÉ BAÑO tiveron unha discreta actuación, acadando os postos 12 e 13 respectivamente.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
