134 mozos aspiran ás 70 novas bolsas de emprego en Europa coas que a Deputación favorece a inserción laboral
– O organismo provincial publicou este mércores na súa web www.deputacionlugo.org a lista de admitidos e excluídos no proceso de selección, que, como recollen as bases, consiste nun test, na baremación dos méritos acreditados e unha entrevista persoal
– Os beneficiarios das becas mellorarán a súa formación durante 3 meses e 3 meses e medio facendo prácticas empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Chega, Reino Unido e Irlanda
Un total de 134 mozos da provincia aspiran ás 70 novas bolsas de emprego en Europa que ofrece a Deputación para favorecer a inserción laboral dos xóvenes titulados, tanto pola Universidade como FP. Este mércores, o organismo provincial publicou na súa páxina web www.deputacionlugo.org a lista de admitidos e excluídos. Das 142 persoas que solicitaron as becas, foron admitidas 134, que agora deberán superar un proceso de selección. Segundo recollen as bases, este consistirá nunha proba de coñecemento (un cuestionario tipo test de 20 preguntas) fixado para o vindeiro martes, ás 17:00 horas, no Salón de Actos da Deputación; na baremación dos méritos acreditados polos peticionarios e nunha entrevista persoal.
A lista de admitidos definitivamente publicarase no Taboleiro de Anuncios de Deputación e Fundación TIC, e na web do organismo provincial (www.deputacionlugo.org) Ó longo do mes de novembro tramitarase a documentación para que os mozos seleccionados poidan partir en xaneiro ó país de destino, onde recibirán formación ata finais de maio, principios de xuño.
Loita contra o desemprego
Os beneficiarios teñen nestas novas becas unha oportunidade das que cada vez existen menos polo descenso do investimento neste ámbito, dun 3,8% a nivel nacional para o 2013, e unha ferramenta para loitar contra o desemprego, que subiu ata as 25.239 persoas en Lugo en setembro, un 2% máis que en agosto e un 13% máis que hai un ano, sendo a provincia galega cun maior incremento, tanto intermensual, como interanual.
A Deputación ofrece 70 becas enmarcadas no programa europeo Leonardo da Vinci, de dous tipos:
As Lugojob: 50 becas para lucenses menores de 35 anos con formación universitaria relacionada cos seguintes sectores: agricultura, silvicultura, pesca, protección do medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. Lugojob ofrécelles prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda durante 3 meses e medio.
As TIC Lugo: a Fundación TIC, como organismo provincial especializado no desenvolvemento das tecnoloxías da Información e da Comunicación, xestiona 20 becas para lucenses menores de 30 anos, que nos últimos tres anos remataron os seus estudos na Escola de Imaxe e Son da TIC. Ticlugo ofrécelles prácticas en empresas de Portugal, Italia e Irlanda durante 3 meses.
Preto de 150 becas
Con estas 70 novas becas, serán preto de 150 as que leva impulsado a Deputación para abrir novas oportunidades laborais ós mozos lucenses. Deste xeito, ademais das 18 do programa Lug02, centradas en profesións relacionadas co medio ambiente, o organismo provincial ofreceu 24 pra formar a guías medioambientais especializados nas Reservas da Biosfera; e desenvolveu 30 de innovación, pioneiras en Lugo neste sector; e 5 de artesanía e deseño.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



