O CONCELLO RECIBIRÁ HOXE EN OURENSE O PREMIO GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA 2012 QUE LLE CONCEDEU AGAXEDE.
Ribadeo, 26 de outubro de 2012. O Concello recibirá hoxe en Ourense o premio Galicia á xestión deportiva 2012 que lle concedeu a Asociación Galega de Xestores Deportivos. Ao acto, que se desenvolverá ás 20 horas no centro cultural Marcos Valcárcel, asistirán o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Vicente Castro.
A Asociación de Xestores Deportivos concedéulle o premio ao Concello de Ribadeo, dentro da categoría de concellos de ata 15.000 habitantes, “pola inversión feita na rede de infraestructuras para a práctica do deporte, que se traduce na posta en marcha de 17 modalidades de escolas deportivas e contar cun 65% de inscricións de nenos entre 5 e 14 anos”, segundo se recolle na acta do xurado.
O rexedor agradece o recoñecemento e destaca que “as escolas deportivas municipais funcionan desde hai 13 anos en Ribadeo, cun programa municipal que persegue coma obxectivo prioritario o de fomentar a práctica da actividade física na poboación escolar, con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos”. En total nas escolar deportivas municipais de inverno e de verán participan máis de 500 alumnos.
Neste curso 2012/13as disciplinas que se ofertan son atletismo, baile deportivo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, kárate, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. En total 436 alumnos. Suárez Barcia lembra que “coa mellora de instalacións do Concello de Ribadeo, cun novo polideportivo municipal e campo de fútbol 7 de herba sintética, non se descarta seguir aumentando disciplinas en edicións sucesivas, xa que iso permitiría unha maior utilización das devanditas instalacións deportivas do Concello”.
O alcalde e o concelleiro de Deportes subliñan que “esta programación das escolas deportivas fomenta estilos de vida saudables onde a actividade física estea presente por dúas razóns incuestionables: a saúde e a utilización constructiva do tempo de ocio. O traballo en equipo, o coñecemento do corpo, o esforzo e a autosuperación nun clima agradable serán as nosas propostas a desenrolar nas escolas deportivas”.
Suárez Barcia subliñou “o traballo realizado polo meu compañeiro e concelleiro de Deportes, Vicente Castro, durante os tres mandatos que se leva ocupando desta cuestión con acertos e con fallos como temos todos, pero con moitos acertos e cun traballo abnegado, que moitas veces non lles valoro axeitadamente”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
