FOZ ACOLLERÁ DO 1 AO 3 DE NOVEMBRO A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES. A CASTAÑA SERÁ A PROTAGONISTA DESTA CITA.
Foz, 27 de outubro de 2012. Foz acollerá do 1 ao 3 de novembro a celebración do Samaín organizada por la Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
Haberá festa da castaña en 27 establecementos hostaleiros: A Funcional, A Maseira, A Rambla, A Rula, A Viña, Bar A Bolera, Bar Acuario, Bar O Taco, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Costumes do Mar, Cafetería Xoyma, Casa Rural El Rincón de Anita, Hostal O Norte, Hotel Restaurante Leytón, Fraggle Rock, Mesón O Tangarte, Namarinos, Pizzería Xoiña, Restaurante As Brasas, Restaurante Dandy, Restaurante O Tangarte Mariñeiro, Restaurante Portochico e Restaurante Bar o Lar.
Dende a directiva de Acia Foz explican que o Samaín “é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Tódolos Santos e os irlandeses exportaron esta tradición a Estados Unidos, o que deu lugar á festa de Halloween”. Acia Foz anima “a disfrutar dun producto tan típico destas datas como é a castaña”.
Por outra parte, o colectivo empresarial focense ten xa á venta en varios establecementos asociados a lotería de Nadal.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



