MODERNA PEDAGOXÍA GALEGA PROTAGONISTA DUNHA XORNADA DE ESTUDO NA UNIVERSIDADE DE BARCELONA
B
aixo a organización da Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona, na Cidade Condal celebrouse o pasado día 26 de outubro unha xornada científica centrada no papel das linguas da inmigración na escola. No encontro situáronse en destaque a metodoloxía didáctica “Modelo Burela” impulsada pola área de innovación do Instituto Perdouro da vila da Mariña e o proxecto Galauda levado á práctica por máis dunha ducia de centros de ensino secundario de Cataluña.
O programa de actividades contou coa participación do director xeral de inmigración da Generalitat de Cataluña, a decana da facultade de Filoloxía e o director do departamento de Filoloxía Románica da Universidade de Barcelona. Seguidamente, comezaron os diferentes relatorios centrados na política lingüística nos sistemas escolares de Galiza e Cataluña e en proxectos desenvolvidos en ambas as comunidades e encamiñados á cohesión social nos centros educativos.
Na mesma xornada, mais en horario de tarde, celebrouse unha mesa redonda coa participación de profesorado das universidades de Girona, Barcelona, Vic e Santiago de Compostela. O encontro finalizou coa conferencia da coordinadora do mesmo, a profesora Carme Junyent, da Universidade de Barcelona, sobre o papel das linguas nos centros escolares.
O relatorio do Instituto Perdouro integrou diversas proxeccións audiovisuais, xunto coa reprodución de fragmentos concretos do programa radiofónico “Proxecto Neo”, dedicado á integración de persoas neofalantes. O protagonismo centrouse nas persoas participantes en varios deses programas durante o curso pasado: Karina Parga (de nacionalidade francesa; Vicedirectora do IES Perdouro), Antonina Semedo (caboverdiana, inbtegrante do gurpo musical Batuko Tabanka), Ummer Mohammad (estudante de orixe pakistaní), Juan Mario Lawicki (estudante de orixe ucraniana) e Catalina Sánchez Luengo (xerente da Fundación Expomar, orixinaria de Villanueva de la Serena en Badajoz).
A representación do proxecto educativo do Instituto Perdouro estivo a cargo de Bernardo Penabade, quen expuso a liñas xerais da metodoloxía didáctica “Modelo Burela” tanto para o fomento da fluidez das linguas estranxeiras como na integración de neofalantes e na mellora da expresión escrita da lingua de partida.
Durante o encontro celebrado en Barcelona, valorouse a aplicación de novos proxectos de didáctica das linguas nos centros de ensino secundario da Mariña,como resultado da colaboración das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, así como do proxecto Galauda de Cataluña.
ENLACES
http://www.facebook.com/groups/proxectoneo/
http://proxectoneo.blogspot.com.es/
http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/category/16/131

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



