Viveiro. 05 de novembro de 2012. O Grupo Municipal do BNG, reafírmou esta mañá a súa posición en contra da subida das taxas e impostos municipais, que defendeu no pleno do pasado mércores, e nesa mesma postura seguiremos no futuro.
“Dende o BNG, cremos que a súbida das taxas, limita o poder adquisitivo das veciñas e veciños, e failles pagar a estes a factura dunha nefasta xestión da economía municipal nos últimos anos, tanto de gobernos populares como socialistas, que levou ao Concello a unha débeda superior aos 15 millóns de euros e ao conseguinte Plan de Axuste. As veciñas e veciños de Viveiro, viron nos últimos meses como se lles subiu o IVE, o IRPF, o IBI por parte do goberno central, medidas que provocan menos consumo, menos poder adquisitivo, o que da lugar a máis paro e máis recesión, non é xusto que teñan que pagar todos por igual unha situación de crise economica que non provocaron”
“O BNG de Viveiro, considera que o Alcalde, é o menos indicado para falar do cumprimento da legalidade, cando se atopa imputado na actualidade, en varios procedementos xudiciais. Procedementos que lle custaron ás veciñas e veciños de Viveiro, tan só en facturas recibidas de procedementos anteriores nos cinco primeiros meses do ano 2012 un total de 155.000 euros, máis da metade do que se recadaría pola suba das taxas. O Alcalde debería poñerse a gobernar e deixarse de seguir arruinando ao concello coa xudicializacion da vida municipal.
“Xa está ben de intentar evadir a responsabilidade de cada un, un dos grandes culpables da situación na que se atopa a facenda municipal é do actual Alcalde, coa súa nefasta xestión económica. O experto en botar balóns fora, nin sabe, nin quere poñer fin a unha política de gasto desmesurado e sen control”
“O BNG de Viveiro, como afirmamos no pleno, non vai aprobar ningunha modificación de taxas e impostos, mentras que Viveiro non conte cuns orzamentos municipais actualizados, documento fundamental que establece a política económica dun goberno. Esta sería a única mostra, por parte do goberno socialista, de que realmente desexan cumprir o plan de axuste e non manter a pésima política económica actual”.
Por último, o BNG pídelle ao Alcalde que sexa riguroso nas cifras, cando se trata de diñeiro público, que non é del, senón de todas as veciñas e veciños de Viveiro. O total que se deixa de recadar, no ano 2013 ao non subirse as taxas municipais, supón aproximadamente 308.000 euros(178000 da depuradora e 130.000 de taxas e impostos), moi lonxe dos 600.000 euros que declarou a pasada semana. Sen orzamento de ingresos e gastos riba da mesa é imposible valorar, se é precisa a subida das taxas e impostos, para manter os servizos municipais, como afirma o rexidor.
Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



