FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE A MANCOMUNIDADE DEBER SER O SUXEITO XURÍDICO QUE VELE POLOS INTERESES DOS AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS DO TRAZADO DO GASODUCTO. O ALCALDE DE RIBADEO DI QUE ESA ENTIDADE, A XUNTA E O GOBERNO DO ESTADO PODEN BUSCAR UNHA SAIDA RAZONABLE E XUSTA A ESTA PROBLEMÁTICA.
Ribadeo, 7 de novembro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, considera que a Mancomunidade de Municipios da Mariña debe ser o suxeito xurídico que vele polos intereses lexítimos dos propietarios afectados polas expropiacións do trazado do gasoducto, que discorrerá entre Ribadeo e San Cibrao. Suárez Barcia asegura que en varias ocasións se reuniu cos contrarios a dito trazado e que o Concello presentou alegacións, ainda que as respostas dadas pola Delegación do Goberno “non foron satisfactorias para nós”.
O rexedor dixo que “desde sempre no Concello de Ribadeo nos pronunciamos sobre todos os asuntos que sexan de interese para os nosos veciños e somos conscientes de que nesta situación do trazado do gasoducto, ainda non sendo moitos os afectados en Ribadeo que manifestaron a súa problemática por este trazado, sí que teño falado con algúns deles en numerosas ocasións. Sei que son moitísimos mais no veciño concello de Barreiros, pero eu falo únicamente coma alcalde de Ribadeo e na defensa dos intereses dos nosos veciños”.
Fernando Suárez lembrou que “temos feitas alegacións a este trazado en dúas ocasións e as respostas dadas ata o de agora pola Delegación de Goberno non son satisfactorias para este Concello de Ribadeo”.
O alcalde ribadense sinalou que “todo o mundo recoñece a valía desta infraestructura para a comarca da Mariña e singularmente para a factoría Alcoa. Ten que haber un gasoducto que lle leve este ben tan importante para a súa producción. Agora debe estar máis atenuada a tensión que había na construcción inmediata en vista de que o goberno do Estado, hai poucas semanas antes das eleccións autonómicas, anunciou unha solución ao problema da tarifa eléctrica que, en todo caso entendo, atenuará esta demanda tan necesaria que existía para dotar a moi curto prazo da alternativa dun gasoducto, ainda que seguramente siga sendo necesaria”.
Para Suárez Barcia “o gasoducto aféctalle a todos os concellos da comarca da Mariña alí por onde pasa, singularmente en Ribadeo, pero moito mais en Barreiros hai xente que se opón a ese trazado. O suxeito xurídico que debe velar polos intereses lexítimos dos propietarios afectados polas expropiacións entendo que debe ser a Mancomunidade de Municiopios da Mariña luguesa. Digo eu que este organismo, con personalidade xurídica, que actúa en moitos frentes e que hai poucos días aprobou unha subvención importante a un determinado clube de fútbol da comarca da Mariña para que nos represente a todos, penso que co mesmo vigor e coa mesma intensidade ben poderá asumir a representación xurídica dun problema focalizado en dous concellos por onde pasa este trazado do gasoducto”.
O alcalde de Ribadeo falou co presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, que tamén é o alcalde de Barreiros, “para que na seguinte sesión plenaria se poña enriba da mesa a reivindicación dos asinantes destes documentos contrarios á ubicación do gasoducto e que se adopten as medidas oportunas. Debe ser a Mancomunidade a que se posicione sobre esta cuestión. Ben pode asumir a representación xurídica cando asume moitas veces decisións de concellos concretos da Mariña en representación de todos os demáis. Para eso todos pagamos a nosa cuota, Ribadeo é un dos que máis aporta, sen que moitas veces o retorno sexa siquera a metade de todo canto aporta”.
Suárez Barcia subliñou que “o trazado gasoducto é un problema do conxunto da Mariña para levar desde Ribadeo ata a San Cibrao o gas e polo tanto si hai problemas nunhas partes do trazado, como en Barreiros e Ribadeo, debe ser tamén a Mancomunidade de Municipios da Mariña quen tome cartas no asunto para, en colaboración coa Xunta o co goberno do Estado, buscar unha saida razonable e razonada e xusta a esta situación”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



