Dirixido ao alumnado de educación Infantil e Primaria, nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Para participar é necesario presentar unha postal que terá como temática calquera aspecto relacionado co Nadal e con técnica libre. Os orixinais deberán enviarse nunha cartolina tamaño folio e na que non apareza ningunha referencia identificadora do autor. Os datos persoais deberán incluírse nun sobre pechado, que se entregará xunto coa postal na Casa do Concello ou na Casa da Cultura de San Ciprián. O prazo está aberto ata o día 26 deste mes. Unha das tres postais finalistas será utilizada polo Concello para felicitar o Nadal a outros concellos e institucións.
A Concellería de Educación de Cervo convoca o XIII Concurso infantil de postais de Nadal
A Concellería de Educación de Cervo convoca o XIII Concurso infantil de postais de Nadal
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura