O Claustro de profesoras e profesores do IES Illa de Sarón de Xove quere mostrar o seu apoio ás medidas de presión que se están a levar a cabo como protesta contra as políticas dos diferentes gobernos polos seguintes MOTIVOS:
Desde o punto de vista educativo
O ataque permanente ao ensino público galego que se manifesta:
Na redución orzamentaria de 425 millóns de euros nos últimos anos.
Nas supresión de centos de unidades.
Na redución de 2500 profesores e profesoras e, polo tanto, do profesorado dos centros.
Na redución do profesorado de atención ás necesidades educativas específicas.
No incremento das ratios.
Na non cobertura das baixas do profesorado.
Na redución da oferta de Bacharelato e da implantación da FP.
Na redución desproporcionada das bolsas de estudos.
No incremento das taxas universitarias que dificultan o acceso e a continuación dos estudos universitarios.
O anteproxecto da LOMCE, porque se trata de…
un proxecto de lei recentralizador, antidemocrático, segregador e elitista, que ataca a igualdade de oportunidades, impide o acceso de todas e todos a unha educación de calidade e pretende, non só favorecer o ensino privado concertado, senón mesmo trasladar o modelo de funcionamento dos centros privados aos públicos, mediante un sistema que soamente servirá para que o ensino perpetúe as desigualdades sociais, cando debería de combatelas.
un proxecto de lei que pon en cuestión o dereito universal á educación, vai impedir o acceso á educación ás clases populares, invade competencias das comunidades autónomas, crea centros de elite e liquida a xestión democrática dos centros.
Desde un punto de vista xeral
A reforma da lexislación laboral, que provocou un retroceso sen precedentes nos dereitos dos traballadores e traballadoras, tanto no plano individual como no colectivo.
As políticas antisociais, chamadas de austeridade, que poñen en perigo os fundamentos do Estado Social: educación, sanidade e servizos públicos.
As medidas económicas e fiscais que están a agravar a crise, incrementando o desemprego, a pobreza e a exclusión social.
O sacrificio da cidadanía menos podente. Séguese castigando á maioría da sociedade e pondo en perigo as pensións públicas, mentres as elites económicas financeiras se salvan da crise e incluso sacan beneficio dela.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



