As castañas chegan con forza a Cervo nunha tarde gastronómica e lúdica
-O sábado coñeceranse os gañadores do concurso de sobremesas e de debuxo infantil nunha xornada que rematará cun magosto popular
Cervo, 15 de novembro de 2012-Cervo vivirá este sábado unha xornada tipicamente outonal na que un dos produtos máis tradicionais desta época, as castañas, acapararán todo o protagonismo. Tres actividades diferentes, gastronómicas e lúdicas, permitirán exaltar a castaña entre o público infantil e adulto. En concreto trátase do concurso de sobremesas elaboradas con este alimento, o certame de debuxo infantil e o magosto popular. O Concello xa está inmerso na organización destas actividades. Esta mañá a edil de Educación, Pilar Armada, a de Cultura, Begoña Alonso e representantes de varias entidades colaboradoras estiveron participando nos últimos preparativos.
As actividades comezarán ás 16:00 horas, coa recepción dos pratos que se presenten á I Larpeirada de ourizo de outono, o concurso de sobremesas e outras especialidades doces coa castaña como ingrediente principal. Ditos pratos serán numerados, fotografados e colocados para que o xurado os poda degustar sen saber o nome do autor. Un xurado que estará composto por membros de asociacións como Alborada e Mulleres de San Ciprián, que elixirán as tres mellores sobremesas.
Despois de ter probado e valorado todos os pratos concursantes, dará comezo o I Concurso infantil de debuxo “A Castaña”, no que a temática estaba centrada neste froito. Representantes das ANPAS dos centros educativos cervenses e doutras asociacións formarán parte do xurado deste certame.
Unha vez valorados tanto os pratos como os debuxos, os respectivos xurados emitirán o seu veredicto e ás 17:30 horas terá lugar a entrega de premios de ambos concursos. Ao remate dará comezo o magosto popular, no que o Concello preparará e servirá 50 quilos de castañas.
“Queríamos que los cervenses tuvieran varios motivos para salir a la calle y disfrutar con actividades relacionadas con las tradiciones de esta época” explica a edil de Cultura, Begoña Alonso. “Pero además, buscábamos que los eventos consiguieran convocar a público adulto e infantil en una jornada en la que no podía faltar el magosto para festejar el otoño” engade Alonso.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



