Carlos Callón será xulgado por recriminarlle ao anterior xuíz decano da Coruña que incumprise a Lei de normalización lingüística
A Mesa convoca unha concentración de apoio ao seu presidente o 30 de novembro ás 12.30 h no Xulgado de Instrución Número 2 da Coruña
A pesar das reiteradas solicitudes de recibir a información en galego, o xulgado remitiu a nova citación ao presidente da Mesa sen usar o idioma propio de Galiza
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012.- O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma unitaria Queremos Galego, Carlos Callón, será xulgado o vindeiro 30 de novembro na Coruña nun caso que a entidade non dubida en cualificar de “criminalización das opinións e da lexítima defensa do noso idioma”.
Desde A Mesa pola Normalización Lingüística convócase unha concentración para o propio día 30 de novembro ás 12.30 h diante dos Xulgados na Coruña (rúa de Monforte, s/n). A maior asociación cultural de Galiza reclama que se cese coa caza de bruxas contra o galego e que, dunha vez, a xustiza garanta o dereito a usar e recibir información no idioma propio do país, tal e como recoñece a lexislación e os tratados internacionais. Hai que ter presente que mesmo neste caso, e a pesar das sucesivas peticións de Carlos Callón, cada nova citación que se envía faise excluíndo totalmente a lingua escollida polo denunciado.
Aínda que a denuncia contra o dirixente da Mesa fora inicialmente desestimada, tanto co apoio do xulgado como da Fiscalía, un recurso do denunciante desencadeou a vista que se producirá a finais deste mes. Con anterioridade, Carlos Callón tamén fora convocado para o pasado 10 de febreiro, nun xuízo que se suspendeu despois de que o avogado recusase a maxistrada por entender que non se respectaban as garantías procesuais. Ademais, era rechamante que todo o proceso se realizase no mesmo xulgado en que era neses momentos decano o propio denunciante.
O motivo deste “esperpéntico” xuízo é que Callón replicou unhas declaracións que os medios de comunicación puñan na boca de Fraga Mandián no transcurso dun xuízo: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña”. Con anterioridade, o mesmo maxistrado defendera o incumprimento da Lei de normalización lingüística no referido a toponimia porque, segundo el, a cuestión do nome da cidade herculina estaba sub iudice. Non era verdade nada do que dicía e o propio Fraga Mandián sabíao moi ben: nese momento xa houbera mesmo varios ditames do Tribunal Constitucional apoiando o uso único do topónimo A Coruña. Así mesmo, nun documento, como resposta a un veciño, tamén chegou a argumentar que el usaba La Coruña e non A Coruña por un erro ortográfico. Era unha burla, porque o “erro ortográfico” persiste unha e outra vez (tamén no escrito desta denuncia) e, con el, a vulneración dunha lei básica, con todo o peso simbólico de que quen estea a protagonizar todas estas situacións sexa un xuíz.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



