Conmemoración 25 novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
A Comisión Provincial da Muller do PP propón a unión de todos os concellos de Lugo en repulsa da violencia de xénero
Con esta proposta, o PP busca a implicación de todas as institucións públicas da provincia, independentemente do grupo político polas que estean gobernadas
A Comisión Popular da Muller quere tinguir de malva todo o radio provincial pedindo que todos os concellos colguen un lazo desta cor nas fachadas consistoriais repulsa
Os populares resaltaron a importancia de que os veciños e veciñas expresen a súa condea a esta lacra social como mostra da concienciación cidadá ante esta problemática
Luns, 19 de novembro de 2012.- A Comisión Provincial da Muller do PP de Lugo propuxo esta mañá que con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, todas as institucións da provincia lucense se unan nun acto simbólico común de repulsa contra esta lacra social.
Neste senso, a Comisión convidou á Subdelegación do Goberno, á Delegación da Xunta en Lugo, Deputación Provincial e aos 67 concellos lucenses a sumarse a esta proposta que leva como lema “Exprésate en contra da Violencia de Xénero”, para tinguir de púrpura a provincia de Lugo como mostra de alianza social en contra da violencia de xénero.
A idea é que na fachada de cada institución colgue un lazo malva e diante de cada un dos edificios oficiais figure unha mesa cun libro en branco no que se recollan frases ou ideas dos membros da corporación municipal, así como de veciños e veciñas, nas que expresen a súa condea ante calquera acto que atente contra a integridade física e a liberdade das mulleres.
Mari Teijeiro explicou que o feito de escribir no libro branco implica “tomar conciencia da magnitude desta problemática” xa que mentres exista un só caso de violencia cara a unha muller, “cada un de nos debemos alzar a nosa man para parala”.
.
A presidenta da Comisión, Mari Teijeiro, destacou que aínda que esta sexa unha proposta do Partido Popular, “consideramos que nesta loita non caben ideoloxías políticas nin partidistas e debe primar a unión de todos nun día de reflexión e sensibilización para expresar o rexeitamento máis profundo a todo tipo de violencia contra as mulleres”.
Os populares fan esta proposta convencidos de que a erradicación da violencia de xénero pasa por un proceso de maior concienciación social e de educación e que todos os poderes públicos teñen a obriga de adoptar as medidas necesarias para facer reais e efectivos estes dereitos, polo que este acto sería unha mostra de compromiso con esa obriga.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



