Un ano máis o Club Atletismo Ribadeo estrea a tempada acudindo a participar nos 10 Km da XXXVI Edición da Carreira Pedestre do San Martiño en Ourense.
Nesta ocasión desplazouse un grupo de 18 atletas entre adultos e nenos da Escola Deportiva de Atletismo Ribadeo, para disfrutar desta emblemática proba do calendario galego na cal entraron na meta 3768 participantes na carreira absoluta e 2993 nenos na carreira de escolares. Os grandes e os pequenos do Club fixeron moi bo papel.
A seguinte actividade que realizaremos será a participación no Circuito Corre con Nos na cidade de Lugo, a primeira carreira será este próximo Domingo.