QUEREMOS GALEGO DESENVOLVEU UN ACTO ÁS PORTAS DE SAN CAETANO PARA EXIXIR A DERROGACIÓN DO DECRETO CONTRA O GALEGO E DO PROXECTO DE LEI DA WERTGOÑA.
O Apalpador entregoulle ao conselleiro carbón pola actitude que mantén contra o galego e libros no noso idioma para que rectifique a súa políticia lingüística e defenda as competencias educativas fronte ao goberno central
A plataforma Queremos Galego, que aglutina máis de 700 entidades, iniciou o calendario de mobilizacións previsto para exixir a derrogación do Decreto 79/2010 contra o galego e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004, a través dun acto diante das dependencias da Xunta onde ademais exixiu a retirada do rascuño da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), popularmente coñecida como Lei da Wertgoña, pola involución que representa en canto ao uso das linguas diferentes ao castelán, nomeadamente a galega.
No acto Queremos Galego contou co apoio do Apalpador, figura tradicional do nadal galego, que entregou carbón no rexistro dirixido ao Conselleiro de Educación Xesús Vázquez , segundo manifestou o portavoz da plataforma Carlos Callón “ante o mal comportamento do Conselleiro e Presidente da Xunta de Galiza e o desleixo nas súas obrigas institucionais de defender a presenza e a normalización da nosa lingua en todos os ámbitos”. O apalpador entregou tamén diferentes materiais educativos (libros de texto e de lectura), “non para que os queimen como fixeron tras a aprobación do decretazo, mais coa esperanza de que polo ben de Galiza e a súa lingua rectifique de cara ao vindeiro ano e defenda tanto as súas competencias en educación como a lingua galega fronte aos ataques do goberno central”.
O acto rematou cunha concentración ás portas da Consellaría de Educación, coa lectura dun manifesto que foi lido por Xosé Lois, autor do Carrabouxo, e onde Carlos Callón chamou a repetir as manifestación históricas a favor da lingua que nos une o 27 de xaneiro en Santiago de Compostela, co obxectivo de que a “Xunta derrogue este decretazo, declarado ilegal nos seus eixos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza”, e conseguir a retirada do proxecto de LOMCE, máis coñecido como Lei da Wertgoña, “que pretende consagrar un dereito descoñecido en calquera ordenamento xurídico como é o dereito a ignorancia, concretamente da lingua propia”.
Queremos Galego puxo en marcha tamén unha recollida de sinaturas a través da súa páxina web























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



