O Concello de Xove fomenta o deporte en galego
Mañá martes ás 19:00 horas da tarde, no Salón de Plenos, o Concello entregará unha réplica dos valos publicitarios da campaña EN GALEGO ENTÉNDOTE, NON CAMBIES a cada unha das persoas deportistas que cederon a súa imaxe na mesma.
A entrega correrá a cargo do alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa, da concelleira de turismo e deportes Cristina Iglesias Guerreiro e da axente de emprego e desenvolvemento local Rosa Lage Canoura.
Esta campaña deseñada para reforzar o idioma galego a través do deporte o pasado mes de outubro foi subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tivo dúas accións:
-Asesoramento ás entidades deportivas para a normalización e normativización da súa documentación, para que o galego sexa a súa lingua de comunicación. Esta acción desenvolveuse coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade da Mariña.
-Campaña gráfica, deseñáronse e colocáronse 5 valos publicitarios de gran formato, empregando a imaxe de dez persoas do pobo vinculadas ao mundo do deporte, nas que se inclúe a pé de foto unha frase que describe a súa relación co idioma galego e un slogan común aos 5: EN GALEGO ENTÉNDOTE, NON CAMBIES. O obxectivo que se persegue con esta acción é incrementar o uso do galego, sobre todo incidindo nunha situación que se está a incrementar, a saber: o cambio de idioma de rapaces e rapazas (e doutras idades) galegofalantes cando a persoa interlocutora emprega o castelán e entende o galego.
Estes valos foron colocados nos espazos onde se practican os deportes que reflicten: campo de fútbol (no exterior), pavillón municipal (no interior) e piscina municipal (no interior). As persoas que cederon a súa imaxe foron elixidas pola súa vinculación co deporte e polo seu liderado:
-Cristian Rodríguez. Campión galego de bolo celta, categoría xuvenil. Ano 2010.
-Luís Fernández. Ex-xogador da U.D. Xove Lago
-Quelle e Dani López. Xogadores do Xove Fútbol Sala
-Mirta Escuredo. Nadadora do Clube de Natación de Xove. Subcampiona de España Absoluta 100 Braza. Ano 1998
-Pilar Vázquez, Noela Bouza, Javiera Duarte, Alba Balseiro e Lucía Fernández. Conxunto cadete de Ximnasia Rítmica Xove. Subcampionas galegas deporte escolar. Ano 2012
Traballo conxunto:
Estas dúas accións realizáronse conxuntamente coas entidades deportivas do municipio que se interesaron en participar: ACD Xove, Escola de ximnasia rítmica, Fútbol sala Xove, U.D. Xove-Lago, Clube de bolos e Escola de natación.
As responsables municipais da campaña son Cristina Iglesias (concelleira de turismo e deporte) e Rosa Lage (axente de emprego e desenvolvemento local)
Carácter innovador:
Trátase dunha campaña innovadora, xa que emprega a imaxe de persoas coñecidas veciñas dun pobo de menos de 3.600 habitantes, que serve como reclamo importante de atención.
Pretende incidir nunha situación concreta: o cambio de idioma de rapaces e rapazas (e doutras idades) galegofalantes cando a persoa interlocutora emprega o castelán e entende o galego, pensamos que tamén isto ten un carácter innovador.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
