VEIGA AFIRMA QUE “A MARIÑA É UNHA FORTALEZA PARA CREAR UN PAQUETE TURÍSTICO LUCENSE CON MAR”
O vicepresidente afirmou isto na presentación do portal LugoTerra, que desde o 11 de xaneiro servirá de plataforma para que o sector turístico se promocione nos 4 xeodestinos lucenses, como é o caso da Mariña
Antonio Veiga lembrou que “As Catedrais son o segundo destino máis recoñecido de Galiza, despois da Catedral de Santiago, e hai que aproveitar o seu efecto imán”
Veiga destacou que “a Deputación pon a dispor do sector turístico lucense unha ferramenta web que será importantísima para que este poida posicionar as súas ofertas e iniciativas”
Ribadeo, 17 de decembro de 2012. Esta tarde, o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, xunto ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, estivo no concello ribadense para presentar diante dos axentes turísticos e hostaleiros da comarca da Mariña a nova iniciativa web coa que a Área de Turismo da Deputación de Lugo vai realizar as súas accións de promoción do turismo lucense. Trátase dunha nova páxina web, mellorando o posicionamento da existente “LugoTerra”, e que pretende, tal e como indicou Antonio Veiga “fornecer o soporte web, que a Deputación poña os medios para dar visibilidade ao sector turístico privado e que sexan os propios profesionais quen acheguen os seus contidos, as súas ofertas, as súas experiencias”. A presentación desta iniciativa web, na que tamén participou Manuel Pan, de Abertal, como responsábel técnico da xestación da web, e Keina González, de SienteGalicia, web de xestión turística especializada en experiencias, estase a realizar nos diferentes xeodestinos coa intención de espertar a iniciativa turística privada para que propoñan os seus contidos para a nova web que estará lista o 11 de xaneiro.
Tal e como explicou Antonio Veiga, “por unha banda, temos que aproveitar o efecto imán que ten para o turismo a praia das Catedrais, o segundo destino singular máis coñecido e visitado de Galiza, só por detrás da Catedral de Santiago. Por outra, é importante facer ver a fortaleza que ten a Mariña dentro do conxunto da provincia de Lugo porque permite crear oferta conxunta que inclúa mar, xa que, a nivel Estado, Lugo pasa moitas veces por unha provincia de interior”.
Centrándose no que será a propia estratexia web, Veiga afirmou que “no que si que queriamos facer especial fincapé, e no que cremos que a nova web significa unha revolución con respecto ao que se veu facendo ata o de agora, é que a través da web pretendemos lograr que as empresas do sector sexan as protagonistas. Para iso, a web contará cun directorio de profesionais no que o sector privado terá a posibilidade de promover as súas ofertas e experiencias de ocio (de natureza, culturais, gastronómicas, sexa cal sexa) grazas á plataforma da Deputación de Lugo. É dicir, a Área de Turismo da Deputación de Lugo pon os medios necesarios e son os profesionais quen fan uso desa plataforma para promocionar as súas experiencias. Isto realizarase tanto a través das empresas de comercialización como de axentes e entidades asociativas con implicación na actividade turística en toda a provincia. Isto vai ter unha importancia moi grande, xa que grazas a isto todos aqueles axentes turísticos dunha zona como A Mariña que se sumen á páxina estarán centralizados neste Xeodestino e cada visitante da páxina que propoña visitar esta zona da provincia poderá en poucos clics e con sinxeleza optar a todas as ofertas de actividades e experiencias de ocio que nesta zona desenvolve o sector turístico privado”.
Antonio Veiga informou de que o novo espazo web, que se abrirá o 11 de xaneiro xa que ata aquela data é preciso que o sector turístico se implique e propoña as súas ofertas á Deputación de Lugo para situalas na web, vai contar coa mesma división que fixo a Xunta de Galiza cos Xeodestinos, onde a nosa provincia queda dividida en 4 zonas que serían A Mariña, Lugo e a Terra Chá, Ancares – Caurel e a Ribeira Sacra. Polas características do territorio e polas similitudes das comarcas, ou máis ben pola inclusión dalgún concello nalgún xeodestino, quizás a división non sexa totalmente correcta pero preferimos traballar coas mesmas que a Xunta de Galiza, para non crear confusións e ter un criterio unificado na procura de destinos turísticos.
Ademais, Veiga anunciou que paralelamente a esta nova web estase a desenvolver outra chamada “LugoMove” que tamén operará no mesmo sentido que LugoTerra pero no plano cultural, é dicir, ser a ferramenta web para visualizar a oferta cultural de toda a provincia de xeito que todos os axentes culturais poidan colocar aí a súa programación e a xente que acuda ao portal poida ter información detallada do acontecer cultural en calquera punto da provincia, o que tamén terá unha repercusión en termos turísticos e de dinamización da economía.
Esta presentación enmárcase dentro da xeira de presentacións que se levan a cabo nos 4 xeodestinos estabelecidos para tratar de comezar coa promoción do propio espazo web e tamén espertar a iniciativa dos promotores turísticos e as empresas do sector para lograr que LugoTerra sexa un escaparate para todo o turismo lucense.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



