O BNG DA MARIÑA APOIA AS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POR ALIANZA SOCIAL GALEGA PARA MAÑÁ EN CONTRA DAS POLÍTICAS ANTISOCIAIS DO PP
Antonio Veiga denuncia que o PP goberna de acordo as súas teses ideolóxicas alleo á realidade do país
Dende a organización nacionalista insisten na importancia de que os cidadáns continúen dando unha resposta unánime contra o xeito de gobernar de Rajoy e Feijóo que so pensan nos ricos
A Mariña, 19 de decembro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) da Mariña apoia as mobilizacións convocadas para mañá, xoves 20 de decembro, por Alianza Social Galega para amosar o rexeitamento dos galegos e das galegas ás nefastas políticas antisociais do Partido Popular. Así o manifestou o responsábel comarcal da formación esta mañá, Antonio Veiga, quen denunciou que “as medidas que está adoptando o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza responden a criterios puramente ideolóxicos sen ter en conta a realidade que atravesa o país.”
“O Partido Popular -continuou Veiga- está amosando a súa faceta máis reaccionaria coa aprobación de medidas que crean unha educación e unha sanidade excluíntes e selectivas deseñadas para os colectivos con máis recursos económicos. De continuar con esta política de recortes en todos os eidos que garanten o benestar dos cidadáns e que deberan servir como estímulo económico, a economía seguirase contraendo e seguiremos afondando nunha espiral da que custará décadas saír. Rajoy fai recortes en sanidade , educación e políticas sociais para controlar o déficit e este continúa subindo dende a súa chegada ao Goberno.”
Dende a formación nacionalistas claman a importancia de que a toda a sociedade dea unha resposta unánime as políticas antisociais que crean máis paro e máis pobreza e chaman a todos os mariñáns a participar nas concentracións e mobilizacións previstas para mañá. “Dado que o Partido Popular vive alleo á realidade, desoe as demandas dos cidadáns e négase a apoiar iniciativas lexislativas populares o único que nos queda é seguir saíndo á rúa para protestar” – concluíu o responsábel comarcal, quen asistirá á concentración prevista en Burela para as 20:00 horas, na praza das Mariñas.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



