ACIA FOZ SORTEARÁ 2.400 EUROS EN PREMIOS NO CAMPAÑAZO DO BINGO DO VINDEIRO MES DE XANEIRO.
Foz, 28 de decembro de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz repartirá 2.400 euros no Campañazo do bingo do vindeiro mes de xaneiro. Desde a directiva explican que “o que queremos é axudarlles aos clientes do comercio e da hostalería de Foz a levar un pouco mellor a complicada costa de xaneiro”.
Os sorteos do Campañazo do bingo serán os días 4, 11, 18 e 25 de xaneiro a partires das 23 horas. José Carlos Paleo, o presidente de ACIA Foz, sinala que “imos poñer en xogo cada venres 300 euros en vales de compra para o gañador do Campañazo e 300 euros en efectivo para o resto dos cartóns premiados”.
Nesta nova cita co Campañazo do bingo participan 24 bares e restaurantes e 26 locais comerciais. Os bares, mesóns e restaurantes son: A Bolera, A Eskina, A Maseira, A Rula, Acuario, Oiche, Dallas, Express, Happy Days, May-Ros, Xoyma, El Rincón de Anita, Fina, Portovello, Fraggle Rock, Namarinos, O Chícaro, O Tangarte, pizzería Xoiña, O Tangarte Mariñeiro, Costumes do Mar, Dandy, O Mar e Portochico. Os comercios: Alba Vila centro de dietética, Cenor Belianorte, centro óptico Eliseo, construcción y canalizaciones José Saa, Darlintonia, decoraciones Pura, electricidad Núñez, estación de servicio Foz, estanco expendiduría nº 2, farmacia Saa Quintas, farmacia Ulloa, ferretería Fuente, floristería Gardenia, gestoría Fernández, Ginzo hombre-mujer, La Flor Abulense, lencería Esther, Mapfre Seguros, María Docampo, Ofifoz, óptica Alain Afflelou, parafarmacia, pescados Coyote, Pi-R Hombre, suministros Veipa e Viajes Rodríguez.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



