O BNG ACUSA AO ALCALDE DE MURAS DO COBRO DE DIETAS SEN A XUSTIFICACIÓN NECESARIA
Os nacionalistas denuncian espolio silencioso , considerando unha “trapallada a maneira de xustificar as dietas” do Alcalde de Muras que cobra dietas xustificándoas unicamente cun papel cuberto por el mesmo
O BNG cualifica de espolio o salario de tres membros do goberno local por importe de 98.300 euros anuais para un concello de 750 habitantes que ven ademais como o alcalde enche os petos con “pelotazos” como o da aldea etnográfica.
A Mariña, 9 de xaneiro de 2011. O BNG denuncia o cobro por parte do Alcalde de Muras de dietas sen a debida xustificación, denuncian o cobro de dietas considera que as xustificacións presentadas polo Alcalde non son o suficientemente claras nin están motivadas para os cobros que se fan das mesmas. Como exemplo poñen, o caso dunha dieta que se cobra por ir A Coruña (150 euros) onde a xestión a realizar é algo tan vago coma “ver mobles” polo que a dieta que pasa é (Muras- A Coruña 250 kms x 0,40 euros= 100 euros +50 dieta = 150 euros) . O único que se presenta é unha papel cuberto polo propio Alcalde, sen aportar ningunha outra documentación coma tíckets, facturas, orde de viaxe , nin nada que acredite nin xustifique esta viaxe, xustificacións deste tipo son habituais polo que dende o BNG de Muras son cualificadas coma unha “trapallada”, polo cal xa anticipan que non aprobarán nin esta nin outra xustificación que se realice dese xeito.
O alcalde leva moitos anos enchendo os petos a conta do espolio dos bens públicos e privados da veciñanza de Muras.
O cobro das dietas ven a complementar a dedicación exclusiva que o Sr. Issam Algnam Azzam ten coma Alcalde de Muras, non sendo a primeira vez que dende o BNG denunciamos practicas pouco claras deste señor na xestión da vida municipal, “que non distingue entre andar pola súa casa e andar no Concello ao que considera o seu pequeno reino e fai o que lle ven en gana.”
Os nacionalistas lembraron o “pelotazo do alcalde” coa Aldea Etnográfica onde o Sr. Algnam Azzam cobrou do concello 341.000 euros pola venda de fincas da súa propiedade e unha vez vendida volveu cobrar outra cantidade de 50.000 euros pola madeira que contiñan.
Dende o BNG pregúntanse se o Responsábel Provincial Popular non ten nada que dicir ante o continúo espolio que o Alcalde Issam Algnam Azzam está a cometer no Concello de Muras, pregúntanse se estas son as políticas de austeridade e bo goberno que tanto predica o seu partido e lembran que o Alcalde ten unha dedicación exclusiva de 54.300 euros, o seu Tenente de Alcalde ten outra de 25.000 euros anuais e o Concelleiro responsable de Agricultura e Gandería ten outra de 19.000 euros anuais, e todo isto tratándose dun Concello cun censo aproximado de 750 habitantes.
Denuncian tamén dende o BNG de Muras as continúas ameazas e coaccións ao que é sometido o concelleiro nacionalista así como as dificultades e impedimentos que atopa para a realización do seu traballo de oposición.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



