X FESTA DO BERBERECHO DO CONCELLO DE FOZ
Un ano máis, o Concello de Foz a través da Concellería de Pesca e Consumo que dirige Pedro Fernández Manín, está a organizar a X Festa do Berberecho, que este ano traerá algunha novidade como resposta á situación económica actual. Serán os días 18, 19 e 20 de xaneiro.
Nese senso, o Concello non se fai cargo da organización da degustación nunha carpa do peirao , e este ano correrá a cargo da firma “Palacio de Cristal”.
A promoción da festa na hostalaría local correrá a cargo da ACIA de Foz e de todos os locais que queiran participar pola súa conta.
O Concello organizará o Pregón que correrá a cargo do “Bar o Chicaro” co seu representante Jorge Villarino Rodríguez o día 18 de xaneiro e á súa finalización haberá a actuación de “Escolma de Meus” de Viveiro, no salón de actos da Casa da Cultura a partir das 20:30 horas e recepción de autoridades.
O 19 será o día grande coa carpa no peirao aberta a partir das 12:00 horas con racións a 3 euros preparados polo “Palacio de Cristal” con : berberecho ao vapor, berberecho á mariñeira, empanada, paella.
Contaremos co I Concurso de Cantos de Taberna, unha novidade de animación pola hostalaría de Foz, a partir das 19:00 horas. As bases de participación poden encontrarse na Casa da Cultura e na web do concello: www.concellodefoz.es , así como os locais colaboradores.
Os premios entregaranse o domingo día 20 en horario de 13:00 a 14:00 horas, nos locais que se anunciarán previamente.
Acompañaran os días as animacións de rúa dos grupos folclóricos A Subela e O Feitizo así como a Rondalla Latexos.
Especialmente temos que dar as grazas a Deputación Provincial de Lugo pola súa colaboración exemplar como anos pasados, así como a Confraría de Pescadores, Acia de Foz e aos grupos de folclóricos e de música que colaboran desinteresadamente neste fin de semana de festa na Vila de Foz.
IMPORTANTE NOMEAR PARTICIPANTES NO I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA
A MASEIRA
ACUARIO
ANDURIÑA
AS BRASAS
ASADOR LA QUINTA
COSTUMES DO MAR
DANDY
HAPPY DAYS
MIÑA NAI-LEYTÓN
O CHICARO
O LAR
O MAR
OICHE
PIZZERIA XOIÑA
PORTOCHICO
PORTOVELLO
SAN MIGUEL
TANGARTE MARIÑEIRO
XOYMA


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



