Jesús Cageao foi afortunado cos 300 euros en vales de compra ao cantar o Campañazo do pasado venres, 11 de xaneiro. O premiado seguiu o sorteo en A Esquina co cartón que lle entregaron en Namarinos. O resto dos cartóns premiados seguiron a cita o pasado venres desde A Bolera, Bar Oiche, Dandy e O Tangarte. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz entregou en total outros 600 euros no segundo sorteo do Campañazo do bingo do mes de xaneiro. Mañá, 18 de xaneiro, nova cita a partires das 23 horas.





















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



