O IV Encontro de Cooperación promove un “debate plural e aberto” sobre o futuro das Deputacións e os pequenos Concellos
– Díaz Valiño anunciou que o Pazo de San Marcos acollerá o 28 de xaneiro estas xornadas, nas que se abordará a reforma do Réxime Local que busca definir as competencias municipais
– Manuel Zafra, Roberto Blanco Valdés, José María Gimeno e Jordi Sevilla -Ministro de Administracións Públicas dende 2004 ó 2007-, participarán na iniciativa
– O Encontro está dirixido a responsables e traballadores das administracións locais, que poderán inscribirse dende mañá e ata o 24 de xaneiro en www.deputacionlugo.org. O aforo é limitado
Cumprindo coa filosofía coa que foi instaurado pola Deputación en 2009, a nova edición do Encontro de Cooperación cos Concellos abordará un tema de máxima actualidade e transcendencia para as entidades locais, como é o propio futuro das Deputacións e os pequenos Concellos. Así o avanzou este xoves en rolda de prensa o Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, na presentación da cuarta edición das xornadas, que se terá lugar o vindeiro 28 de xaneiro no Salón de Actos da Deputación. Díaz Valiño destacou que “foi no ano 2009 cando decidimos instaurar estas xornadas, converténdonos, deste xeito, na primeira Deputación de Galicia en organizar un foro de carácter permanente e aberto a todos os actores das administracións locais da provincia, que ten como obxectivo ofrecer, a través dun debate plural, solucións e recursos para que as entidades locais funcionen ben, sexan máis eficaces e aforren custes. É unha convocatoria que, ademais, está tendo moito éxito. A participación foi aumentando ano tras ano, ata chegar ás 220 persoas da última edición”.
Con este Encontro, a Deputación dá un paso máis no empeño de situar a Cooperación cos Concellos como a columna vertebral da acción do Goberno Provincial e como a verdadeira razón de ser desta institución. O Deputado lembrou que foi este Executivo lugués o que creou unha área específica de Cooperación e Asistencia ós Concellos, que antes non existía. “Deixamos atrás a figura da Deputación como intermediaria e mera distribuidora de recursos, a institución pasou a traballar en rede, transformar recursos e crear economías de escala, convertendo os “problemas micro” en “solucións macro”, subliñou.
Debate central
Cando o organismo lugués decidiu poñer en marcha o Encontro de Cooperación cos Concellos propúxose tratar cuestións de plena actualidade e útiles para o bo e eficaz funcionamento dos Concellos. Deste xeito, en edicións anteriores abordáronse os servizos de asesoramento gratuíto que ofrece a Deputación ós Concellos (xurídico, económico-financeiro, técnico…), a lei de protección de datos e a administración electrónica, ademais dos contratos temporais. Díaz Valiño indicou que “este ano, continuando nesta liña, consideramos que o Encontro de Cooperación é unha ocasión especialmente oportuna e necesaria para contribuír a un debate plural e aberto sobre o futuro das Deputacións e dos pequenos Concellos”.
Participantes de prestixio
Para abordar estes asuntos, haberá dúas mesas redondas e unha conferencia, para as que a Deputación conta con verdadeiras autoridades na materia, neste caso no estudo e funcionamento da administración local. Pódese destacar a presenza de: Manuel Zafra: profesor titular de Ciencia Política e da Administración Pública da Universidade de Granada. Foi director xeral de Cooperación Local no Ministerio de Administración Públicas; director xeral de Administración Local na Junta de Andalucía e director do Plan Estratéxico da Deputación de Granada; Roberto Blanco Valdés: Catedrático de dereito político e constitucional da USC, e escritor de máis de cen traballos e unha decea de libros; José María Gimeno Feliu: Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza. Trátase dun experto en contratación pública, que preside dende o 2011 o Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Aragón; e Jordi Sevilla: Ministro de Administracións Públicas (2004-2007). É licenciado en Ciencias Económicas e pertence ó Corpo Superior de Técnicos Comerciales e Economistas do Estado.
Inscrición
O Encontro de Cooperación está dirixido a todos os responsables e traballadores das administración locais: alcaldes, concelleiros, persoal dos departamentos municipais de Recursos Humanos, así como empregados públicos en xeral. En canto á inscrición, os interesados poden anotarse dende mañá e ata o 24 de xaneiro. Para elo, deben entrar na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.org, onde na portada atoparán un enlace directo ó IV Encontro de Cooperación cos Concellos. Dende este espazo poderán facer a súa solicitude on line, ou ben descargar o formulario de inscrición que terán que enviar por correo electrónico á dirección cooperacion@deputacionlugo.org, por fax ó 982-24-04-09. O aforo é limitado á capacidade do Salón de Actos, que é de 163 persoas. Para obter máis información ou resolver dúbidas, pódese chamar ós números de teléfono: 982-26-01-05; 982-26-01-06 ou 982-26-01-13.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



