ENTROU EN VIGOR A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DA ZONA ORA, QUE PERMITIRÁ ANULAR AS SANCIÓNS IMPOSTAS NO MESMO DÍA AOS QUE SE EXCEDERAN NO TEMPO DE APARCAMENTO ADQUIRINDO UN TÍCKET POR 5 EUROS.
Ribadeo, 18 de xaneiro de 2013. Entrou en vigor a modificación da ordenanza da zona ORA, que permitirá anular as sancións impostas no mesmo día aos usuarios que se excederan no tempo de aparcamento adquirindo un tícket por importe de cinco euros. A modificación foi aprobada definitivamente.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “hai un tempo o pleno da Corporación acordou a modificación desta ordenanza de zona ORA que temos aquí, en Ribadeo, e que funciona realmente ben. Como todas as ordenanzas tamén ten un apartado sancionador para toda aquela xente que non cumprira, que non sacara o tícket ou que se excedera no tempo de uso”. O rexedor explicou que “o pleno decidiu facer unha modificación para que, como noutras cidades e vilas, aquelas persoas que sexan denunciadas porque se pasen do tempo que inicialmente asignaron poidan anular a sanción con unha multa moito máis reducida. É dicir, si pola ordenanza a multa son 24 euros estas persoas que durante ese día que foron denunciadas sacan un tícket que costa 5 euros e introducen o tícket inicial, a papeleta da denuncia e máis o tícket de ter abonado os 5 euros nun dispositivo que hai quedará dita denuncia anulada”.
Para Suárez Barcia “isto demostra que dende o Concello non temos interese ningún nin afán recadatorio e o que sí queremos é velar por un sector moi importante en Ribadeo, que son as actividades comerciais e de servizos, e que a xente que veña a Ribadeo e que por algún motivo se demore un pouquiño máis e que resulte denunciada por un exceso de tempo poida ter esa capacidade de anular a súa denuncia por unha cantidade mínima en relación coa denuncia ordinaria”.
O alcalde ribadense engadiu que “evidentemente si alguén tanto antes como agora, despois da modificación desta normativa, aparca na zona azul e non saca o tícket a sanción será igual que estaba prevista inicialmente, 24 euros e doce por pronto pago, pero en ningún caso con este mínimo de 5 euros”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



