VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA MARIÑA ASINAN OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN POLOS QUE SE COMPROMETEN AO DESENVOLVEMENTO DO SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
Ambas administracións cofinanciarán ao 50 por cento este servizo; a institución provincial aportando un 15 por cento máis que en 2012 e os concellos en función do número de usuarios e usuarias
Lugo, 22 de xaneiro de 2013. A Vicepresidencia da Deputación e os concellos da comarca da Mariña asinaron, esta mañá, no Museo do Mar, os convenios de colaboración polos que se comprometen ao desenvolvemento dun programa de Teleasistencia Domiciliaria que suplirá ao servizo que cofinanciaban o Goberno central e a institución provincial e que foi suprimido polo Estado tras a retirada, nos Orzamentos Xerais para 2013, da partida económica que o ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade dedicaba a este fin a través do IMSERSO.
Mediante este convenio fíxanse as liñas de mantemento, desenvolvemento, coordinación, dirección, xestión, organización e funcionamento deste servizo que a Vicepresidencia da Deputación e os concellos se comprometen a cofinanciar ao 50 por cento para garantir a súa continuidade e que 344 usuarios e usuarias da Mariña, na súa maioría mulleres viúvas ou que viven soas e que superan os 80 anos de idade, poidan seguir vivindo no seu entorno habitual recibindo atención continuada durante todos os días do ano.
O custe do servizo de Teleasistencia Domiciliaria en toda a provincia suporá un investimento de 336.000 euros anuais que asumirán ao 50 por cento a Vicepresidencia da Deputación, aportando 168.000 euros, un 15 por cento máis que o ano pasado, e os concellos, cuxa participación variará en función do número de usuarios e usuarias que teña cada municipio.
O vicepresidente do ente provincial e responsábel da área de Benestar Social, Antonio Veiga, sinalou que “as administracións, no exercicio das súa competencias, deben promover toda clase de actividades para prestar cantos servizos contribúan a satisfacer as necesidades dos seus veciños e veciñas e, ao mesmo tempo, cumprir o principio de igualdade logrando uns mínimos niveis de calidade de vida”.
“Nun contexto de crise como o actual –precisou o vicepresidente- é menester pór en marcha políticas públicas responsábeis apostando polo mantemento dos servizos públicos aplicando fórmulas innovadoras, eficaces e eficientes que permitan minimizar os custes, para o que a xestión compartida se configura como a única solución posíbel para continuar prestando servizos públicos”.
Neste senso, Veiga sinalou que “fronte a abdicación de responsabilidades do Goberno do Estado, que decidiu unilateralmente e ofrecendo xustificacións arbitrarias suprimir a súa aportación económica á Teleasistencia Domiciliaria, e da Xunta de Galiza, que non respostou á petición do pleno da corporación provincial na que se lle instaba a asumir a porcentaxe que o Executivo central se nega a aportar, Vicepresidencia da Deputación e concellos están dando exemplo de colaboración e responsabilidade en torno a un obxectivo común de resposta ás necesidades dos lucenses, neste caso da comarca da Mariña”.
Os convenios de colaboración asinados establecen a creación dunha comisión de seguimento formada por tres representantes da institución provincial e tres das entidades municipais elixidos por todos os concellos, para garantir o cumprimento do acordo e dar solución a todas as dúbidas que poidan xurdir durante a prestación do servizo.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



