A Deputación intensifica a súa actividade en 40 estradas provinciais de 14 Concellos por neve e desprendementos
– 102 traballadores e 54 vehículos despexan vías con ata 30 centímetros de neve no Courel, Pedrafita, Cervantes, Triacastela, Pobra do Brollón, Vilalba, Baleira, Negueria de Muñiez e Becerreá
– Este operativo tamén actúa en viales do Valadouro, A Pontenova, Outeiro de Rei e Cospeito, afectadas por desprendementos de terra ou pólas debido a asolagamentos
– Gómez Besteiro supervisou o intenso traballo que desenvolve a Deputación e que fai prever que queden transitables todas as estradas provincias este mediodía sempre que o tempo non empeore
O dispositivo de emerxencias da Deputación intensifica a súa actividade nos 14 Concellos da provincia onde se rexistran as incidencias de maior gravidade por mor do temporal. Son os municipios do Courel, Pedrafita, Cervantes, Triacastela, Pobra do Brollón, Vilalba, Baleira, A Fonsagrada, O Valadouro, A Pontenova, Outeiro de Rei, Negueira de Muñiz, Becerreá e Cospeito, nos que hai 40 estradas provincias con neve, ou nas que se produciron desprendementos.
O organismo provincial distribuíu pola provincia 102 traballadores e 54 vehículos que neste intre despexan as 34 vías, que presentan acumulacións de neve de ata 30 centímetros. Estas son as seguintes: no Courel, CPs 1303, 1306, 5004 e 5601. Segue cortado un treito da 1301, en Seone, por danos estruturais; en Pedrafita, CPs 3701, 4501, 4502, 4503, 4504, e 4505; en Cervantes, CPs 1405, 1412, 4504, 1401 e 0702; en Triacastela, CP 6201; Pobra do Brollón, CPs 4701, 4707 e 4706; en Vilalba, CP 6502; en Baleira, CPs 0401, 0403, 0404, 0407, 0408 e 0409; A Fonsagrada, CPs 1901, 4606, 1906, 1903 e 1901; en Negueira de Muñiz, CPs 3601 e 3602; e en Becerreá, CPs 0708.
Os outros 5 viales nos que está a actuar o operativo da Deputación situasen no Valadouro (CP 6304), A Pontenova (CP 4803), Outeiro de Rei (CP 3906) e Cospeito (CPs 1611 e 1701). En todos os casos, houbo asolagamentos que provocaron desprendementos de terra e pólas, afectando a estas estradas que, a esta hora, xa se atopan parcialmente despexadas.
Previsión
O intenso traballo que a Deputación está a levar a cabo na rede viaria provincial, a máis extensa de España, superando os 4.000 quilómetros, e que foi supervisado polo Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, fai prever ó organismo lugués que se poida transitar por todas as estradas baixo a súa responsabilidade este mediodía, sempre que as condicións metereolóxicas non empeoren.

























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



