O EQUIPO DE GOBERNO LEVARÁ A PLENO O ASUNTO DAS TRIPULACIÓNS MÍNIMAS DO SECTOR PESQUEIRO. SEGUEN AS XESTIÓNS PARA A CELEBRACIÓN DUN NOVO ENCONTRO COAS ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS.
Burela, 26 de xaneiro de 2013. O equipo de goberno levará ao vindeiro pleno do Concello de Burela unha moción sobre as tripulacións mínimas do sector pesqueiro na liña da iniciativa presentada hai días no Parlamento de Galicia por José Manuel Balseiro.
O rexedor está implicado directamente na resolución dos problemas da pesca. González Barcia sinalou que “si hai unhas semanas xestionamos a xuntanza celebrada con responsables da Marina Mercante en Burela, o deputado autonómico José Manuel Balseiro e a Consellería do Mar poñerán toda a carne no asador co obxectivo de que se resolva nas mellores condicións posibles para o sector pesqueiro de Burela o asunto das tripulacións mínimas”.
O alcalde subliñou “a importancia do porto de Burela no tecido socioeconómico do noso concello” e anunciou que “na vindeira semana seguirán as xestións para concretar a data na que se celebrará unha nova xuntanza á que asistirán representantes de Marina Mercante, da Secretaría General de Pesca, da Consellería de Pesca e do sector pesqueiro”. Nese encontro estará de novo o rexedor burelés, José Mª González Barcia, que agarda que “no prazo duns quince días esa xuntanza poida fixarse”.
Pola súa banda, a concelleira do Mar, Patricia López Eijo, indicou que “o equipo de goberno de Burela vai presentar unha moción no vindeiro pleno na liña da iniciativa presentada por José Manuel Balseiro no Parlamento de Galicia sobre as tripulacións mínimas”. López Eijo engadiu que “non debe quedar dúbida algunha do grao de compromiso do equipo de goberno do PP co sector pesqueiro. Espero e confío que aqueles que desde o goberno central non tiveron capacidade para resolver problemas ou para poñer enriba da mesa solucións que no Concello de Burela manifesten tamén o seu apoio ao sector pesqueiro”. Será o luns cando se presente esa moción de urxencia no Concello. O concelleira popular considera que “neste asunto non se debe perder un minuto máis na busca e aplicación de solucións cumprindo cos vericuetos da normativa europea que hai que aplicar”.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



