BURELA (FNC) .- Burela está presente na XXXIV edición da Feira de Mostras de Arévalo 2009 desde hoxe día 30 de abril e ata o 3 e Maio.O concelleiro delegado de Turismo, José González Legazpi, asegura que “nesta feira atópanse representados os sectores institucionais, turísticos, artesanais e agroalimentarios e compleméntase tamén coa representación dos bodegueiros de viños e licores e mesmo cun espazo adicado á maquinaria agrícola e automoción>.
González Legazpi engade que “conxuntamente celébrase tamén en Arévalo a Feira de Antigüidades que xa vai pola súa XXII edición. Esta ten coma característica principal a exposición de pezas de alta época dunha antigüidade mínima de 100 anos; en definitiva, un espazo amplo e plural onde Burela, dará a coñecer os seus atractivos turísticos, gastronómicos, a súa historia e demais, como en anos anteriores a través dun stand apropiado en espazo e distribución”.
O responsable de Turismo de Burela explica que “acudimos á Feira de Mostras de Arévalo por terceira vez, porque entendemos que na promoción e na divulgación atópase a consecución dos obxectivos turísticos, entre outras cousas, a potenciación turística radica en manterse naquelas feiras de interese. E a feira de Arévalo polo seu propio asentamento e a súa cercanía con Madrid é interesante para a promoción de Burela coma destino vacacional, para divulgar a nosa gastronomía e todo o que ten interese no ámbito turístico e mesmo residencial>.
No que vai deste 2009, Burela estivo presente en Fitur en Madrid, en Expourense, e no Salón Internacional de Barcelona a través de Turgalicia e agora en Arévalo en Ávila. José González Legazpi anuncia que “nos vindeiros meses Burela acudirá a Ferrol, a Vigo e tamén a Valladolid, Bilbao e Xixón”.





















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



