A Liga Nacional Xuvenil e Deporte Escolar Cadete compartirán o protagonismo de Vista Alegre esta fin semana xunto a Terceira División.
Estreará a pista o Cadete A recibindo o sábado ao Cidade de Viveiro (10.00 horas), seguido do Cadete B-Lourenzá Mondoñedo (10.50). O domingo chegará a quenda para os xuvenís, que defenderán a terceira praza ante o pechacancelas, La Junquera (12.00).
Esparexidos pola Mariña estarán a ED EON Burela FS Alevín, que visitará a EDM Alfoz, o sábado (11.45), e os benxamíns, que se desprazarán ata o municipal de Viveiro para xogar co AD Praia de Covas o domingo (19.00).
Liga Nacional Xuvenil
Burela FS-La Junquera FS
Domingo 24 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre.
Deporte Escolar
Burela FS Cadete A-Cidade de Viveiro Cadete.
Sábado 23 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre.
Burela FS Cadete B-Lourenzá Mondoñedo Cadete.
Sábado 23 de febreiro, ás 10.50 horas, no pavillón Vista Alegre.
EDM Alfoz Alevín-ED EON Burela FS Alevín
Sábado 23 de febreiro, ás 11.45 horas, no pavillón de Alfoz.
AD Praia de Covas Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín
Domingo 24 de febreiro, ás 19.00 horas, no municipal de Viveiro.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
