O deputado provincial, Álvaro Santos, entregou este xoves os diplomas acreditativos da asistencia e o aproveitamento ós 15 beneficiarios da acción formativa Auxiliar de Enfermería en Xeriatría, impartida pola institución provincial. Entre os meses de agosto e novembro do pasado ano, 15 lucenses desempregados accederon de xeito gratuíto a preto de 400 horas de formación teórica e práctica en coidados ós maiores, un dos sectores de mellor inserción laboral hoxe en día, especialmente nunha provincia coma Lugo, que presenta o maior índice de envellecemento das provincias galegas xunto coa de Ourense, con preto dun 30% de maiores de 65 anos, dos cales case o 50% son dependentes.
A Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, destacou que os chamados empregos brancos –os relativos á prestación de coidados sociosanitarios-, “son un dos poucos que seguen a xerar emprego e nos que se ten constatado un aumento tanto en número de traballadores coma de empresas que prestan servizos neste eido dende o comezo da crise”, cuns incrementos dun 26% e dun 5,5% dende o ano 2008, respectivamente. As previsións tamén son positivas: ata o 2015 prevese unha xeración de, a lo menos, 200.000 postos de traballo adicionais.
A Vicepresidenta lembrou que a institución provincial aumentou un 12% os fondos para servizos sociais en 2013, a maiores de consignar preto de 15 millóns de euros para a execución de residencias da terceira idade e centros de día próximos ós fogares dos usuarios, porque “non é só unha aposta polo benestar social, senón que tamén son un futuro de emprego”
Formación teórica e prácticas en empresas
Este curso conta coa particularidade de que é clave para poder continuar o itinerario formativo na familia profesional denominada “Servizos á comunidade” para aquelas persoas que carecen das Competencias Clave ou da titulación mínima esixida de Formación Profesional de I Grao ou equivalente.
Deste xeito, os participantes, que tan só debían posuír o Certificado de Escolaridade, contaron cun equipo de formadores de calidade composto por profesionais de diferentes disciplinas coma Fisioterapia ou Enfermaría, así como por técnicos especializados en inserción laboral, que complementaron os contidos específicos do curso con outros de carácter xeral e práctico enfocados á busca de emprego, coma o mellor xeito de elaborar un currículo ou como e onde buscar traballo, ben de xeito presencial ou ben co uso de ferramentas web.
Unha vez finalizada a parte teórica, a formación complementouse con prácticas en cinco recoñecidas empresas do eido sociosanitario, o que permitiu ós beneficiarios aplicar os coñecementos adquiridos e contar cunha experiencia previa que pasará a formar parte do seu currículo de cara á súa futura inserción laboral.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.



