O parlamentario do PP Balseiro interpela a Xunta sobre a apertura do porto de Alcoa
NOTA INFORMATIVA
O COMPROMISO DA ANTERIOR XUNTA BIPARTITA CON RESPECTO Á APERTURA DO DIQUE NORTE DE ALCOA SERÁ OBXECTO DE ANÁLISE NO PARLAMENTO DE GALICIA A INSTANCIA DO DEPUTADO BALSEIRO
Xunto remito a iniciativa rexistrada polo Grupo Parlamentario Popular, a instancia do seu Deputado José Manuel Balseiro Orol no seo da Cámara autonómica.
Nela o deputado popular se interesa polas xestións desenvolvidas polo anterior Goberno bipartito de Galicia co obxecto de apoiar diante do Goberno central as negociacións oportunas coa multinacional ALCOA para facer posible a apertura do dique norte de Morás ao tráfico xeral comercial
Inclúo tamén unha pregunta máis ampla que se desenvolverá en Comisión, xa que alí o regulamento habilita aos deputados a realizar máis dunha interpelación.
A devandita iniciativa forma parte da ofensiva iniciada polo PP da Mariña co obxecto de lograr que o Ministerio de Fomento non desbote a posibilidade de conseguir un novo porto comercial na Mariña lucense, así como tamén, e dun xeito especial, verificar as xestións e o compromiso dos anteriores xestores da Xunta, de PSOE e BNG, con este obxectivo.
Balseiro sospeita que nin nacionalistas nin socialistas cumpriron axeitadamente o mandato parlamentario que obrigaba á Xunta a iniciar as xestións oportunas para que o Goberno de Zapatero non esquecera levar adiante esta actuación.
INICIATIVA
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol, deputado do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presenta, ante esa mesa, as seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno.
O 16 de abril de 2008, a Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia acordou, a proposta do Partido Popular, e co respaldo unánime das tres forzas políticas, que a Xunta de Galicia apoie expresamente diante do Goberno central o inicio das negociacións oportunas co grupo Alcoa para abrir ao tráfico xeral o porto comercial de San Cibrao (Lugo)
O presente acordo tiña por obxecto promover a implicación do Goberno galego na consecución dunha reivindicación que ten a súa orixe na vontade maioritaria do conxunto da sociedade da Mariña lucense, e o respaldo incondicional dos axentes sociais da zona: sindicatos e organizacións empresariais.
Ninguén pon en dúbida que esta nova infraestructura traería consigo unha maior dinamización socioeconómica da Mariña lucense e, por extensión, do conxunto desta provincia. Ademais diso, contribuiría a ser un punto de atracción de novas empresas e, por ende, de novas oportunidades laborais e de progreso. A situación estratéxica deste novo porto comercial permitiría tamén abaratar os gastos de transporte e loxística de gran parte do sector industrial que opera na zona (industrias da madeira, pasta de papel, peixe conxelado,…) que, na actualidade, vense na obriga de empregar outros portos comerciais, como son os de Xixón, A Coruña ou Vigo.
A día de hoxe, a multinacional Alcoa, está explotando en réxime de concesión o porto comercial de San Cibrao, dependente da autoridade portuaria Ferrol-San Cibrao. Dita concesión remata no ano 2.023. Esta multinacional só emprega o dique sur, podéndose adaptar polo tanto o dique norte para abrir ao tráfico comercial xeral. Falamos polo tanto, dunha infraestrutura que xa está construída –o dique de Morás- e que cun mínimo investimento, resultaría plenamente axeitada para este novo uso.
A maiores de todo iso, cabe subliñar, que o importante volume de recadación da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, e unha redistribución equitativa dos recursos alí xerados, permitiría que esta actuación puidera financiarse, en curto-medio prazo, con fondos propios. Elemento sen dúbida a considerar, por parte da Administración central, que ata o momento non ten demostrado a vontade manifesta de cumprir o devandito acordo parlamentario.
A reclamación da apertura do dique norte de Alcoa, despois de iniciadas as negociacións oportunas por parte do Ministerio de Fomento coa multinacional concesionaria, dispón a maiores de múltiples pronunciamentos favorables de distintas institucións do ámbito de decisión público. Concellos, a Deputación Provincial e as propias Cortes Xerais, teñen expresada a vontade unánime de traballar de cara á consecución deste obxectivo.
Pasado un tempo máis que prudencial respecto da data na que tivo lugar a adopción do acordo parlamentario ao que estamos a facer referencia –abril de 2008- corresponde desenvolver unha iniciativa de control á acción do Goberno galego, co fin de coñecer as xestións desenvoltas desde o Executivo autonómico para facer realidade o devandito acordo.
É polo que, o Grupo Parlamentario Popular formula a seguinte pregunta:
1.-) ¿Cales foron as xestións desenvolvidas polo anterior Executivo autonómico co obxecto de facer efectivo o devandito acordo parlamentario no que se instaba á Xunta de Galicia a apoiar o inicio das negociacións oportunas entre o Goberno central e a multinacional Alcoa para abrir ao tráfico xeral o porto comercial de San Cibrao?
Pazo do Parlamento, a 30 de abril de 2009
INICIATIVA
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol deputado do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara presenta, ante esa mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
O 16 de abril de 2008, a Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia acordou, a proposta do Partido Popular, e co respaldo unánime das tres forzas políticas, que a Xunta de Galicia apoie expresamente diante do Goberno central o inicio das negociacións oportunas co grupo Alcoa para abrir ao tráfico xeral o porto comercial de San Cibrao (Lugo)
O presente acordo tiña por obxecto promover a implicación do Goberno galego na consecución dunha reivindicación que ten a súa orixe na vontade maioritaria do conxunto da sociedade da Mariña lucense, e o respaldo incondicional dos axentes sociais da zona: sindicatos e organizacións empresariais.
Ninguén pon en dúbida que esta nova infraestructura traería consigo unha maior dinamización socioeconómica da Mariña lucense e, por extensión, do conxunto desta provincia. Ademais diso, contribuiría a ser un punto de atracción de novas empresas e, por ende, de novas oportunidades laborais e de progreso. A situación estratéxica deste novo porto comercial permitiría tamén abaratar os gastos de transporte e loxística de gran parte do sector industrial que opera na zona (industrias da madeira, pasta de papel, peixe conxelado,…) que, na actualidade, vense na obriga de empregar outros portos comerciais, como son os de Xixón, A Coruña ou Vigo.
A día de hoxe, a multinacional Alcoa, está explotando en réxime de concesión o porto comercial de San Cibrao, dependente da autoridade portuaria Ferrol-San Cibrao. Dita concesión remata no ano 2.023. Esta multinacional só emprega o dique sur, podéndose adaptar polo tanto o dique norte para abrir ao tráfico comercial xeral. Falamos polo tanto, dunha infraestrutura que xa está construída –o dique de Morás- e que cun mínimo investimento, resultaría plenamente axeitada para este novo uso.
A maiores de todo iso, cabe subliñar, que o importante volume de recadación da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, e unha redistribución equitativa dos recursos alí xerados, permitiría que esta actuación puidera financiarse, en curto-medio prazo, con fondos propios. Elemento sen dúbida a considerar, por parte da Administración central, que ata o momento non ten demostrado a vontade manifesta de cumprir o devandito acordo parlamentario.
A reclamación da apertura do dique norte de Alcoa, despois de iniciadas as negociacións oportunas por parte do Ministerio de Fomento coa multinacional concesionaria, dispón a maiores de múltiples pronunciamentos favorables de distintas institucións do ámbito de decisión público. Concellos, a Deputación Provincial e as propias Cortes Xerais, teñen expresada a vontade unánime de traballar de cara á consecución deste obxectivo.
Pasado un tempo máis que prudencial respecto da data na que tivo lugar a adopción do acordo parlamentario ao que estamos a facer referencia –abril de 2008- corresponde desenvolver unha iniciativa de control á acción do Goberno galego, co fin de coñecer as xestións desenvoltas desde o Executivo autonómico para facer realidade o devandito acordo.
É polo que, o Grupo Parlamentario Popular formula as seguintes preguntas:
1.-) ¿Cales foron as xestións desenvolvidas polo anterior Executivo autonómico co obxecto de apoiar o inicio das negociacións oportunas entre o Goberno central e a multinacional Alcoa, para abrir ao tráfico xeral o porto comercial de San Cibrao?
2.-) De levarse adiante algún tipo de iniciativa con este obxecto ¿En que data tiveron lugar as devanditas xestións? ¿con que resultado?
3.-) ¿Ten constancia a Xunta de Galicia das múltiples vantaxes que traería consigo dispoñer desta nova infraestrutura comercial e portuaria e, de xeito especial, como elemento de dinamización socioeconómica da Mariña e do conxunto da provincia lucense?
4.-) De verificarse a falta de vontade do Goberno central á hora de levar adiante a apertura do dique de Morás, ao tráfico comercial xeral ¿que xestións ten previsto desenvolver a Xunta de Galicia co obxecto de reclamar que se poida levar adiante esta nova infraestrutura?
Pazo do Parlamento, a 30 de abril de 2009




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



