NOTA DE PRENSA
O BNG RECLAMA UNHA FORTE INVERSIÓN PARA MELLORAR A REDE VIAIRA LOCAL DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS CRITICAN QUE NOS ORZAMENTOS DE 2009 SÓ SE DESTINEN A ESE FIN 28.800 EUROS.
Barreiros, 30 de abril de 2009. O BNG reclama unha forte inversión para mellorar a rede viaria local de Barreiros. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, considera que “unha vez máis a rede viaria local de Barreiros é a gran esquecida nos orzamentos. No anexo de inversións de 418.000 euros destínase unha raquítica partida de 28.800 euros para obras de mellora e ampliación de camiños municipais, sería con fondos propios. Cremos que é unha partida moi pequena dentro dunha apartado de inversión tamén moi pequeno que é so o 14% dos orzamentos e estes 28.000 euros desde logo que para moi pouco van chegar”.
O grupo municipal do BNG lembra que “se trata dun concello que ten unha superficie de 72 kilómetros cadrados, que ten unha extensísima rede viaria que é utilizada por todos os veciños e polo traballadores do agro e que son as principais vías de comunicación entre todas as parroquias do concello, máxime despois de ter que soportar un inverno durísimo que fixo que a maioría delas estean nun estado intransitable. Polo tanto voltamos a repetir e a reclamar o que dixemos en anos anteriores, que se faga un verdadeiro plan de investimentos para a rede viaria local tanto de arranxo como de mantemento”. Antonio Veiga engade que “todo o mundo sabe que a brigada municipal de obras non da feito, incluso cos escasos medios que ten. Nós xa reclamamos tamén un pequeno parque de maquinaria para manter esa rede en bó estado con limpeza de cunetas e desbroce das súas marxes, algo que evitaría tamén que pouco a pouco se vaia deteriorando. Cremos que con 28.800 euros moi pouco vai poder facer a brigada de obras para manter en bó estado esas carreteras co conseguinte perxuizo para os veciños”.
Os nacionalistas sinalan que “estes anos do BNG á fronte da Consellería de Medio Rural foron tremendamente positivos para a rede viaria local de Barreiros pois destinou, por exemplo, no último exercizo preto de 200.000 euros a través do plan de infraestructuras rurais e municipais. Agardamos que se esixa o mesmo desde o PP de Barreiros á nova Consellería de Medio Rural para que cumpra como cumpriu a anterior Consellería”.
Antonio Veiga suliña que “o Concello de Barreiros ten que facer un esforzo moi grande para aumentar esa partida para a conservación e mantemento da rede viaria local que é a grande esquecida nos orzamentos de 2009”.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



