Excelente participación nunha fría xornada da Liga de Bolos de Xove correspondente á tirada de Vilachá.
Liga Senior Masculina.- Clareáronse algo as cousas, pero non moito. A vitoria de Arturo Vigo, máis a mellor bolada, permítelle manter o liderato e ampliar a súa vantaxe a 7 puntos sobre José Rafael, 8 sobre Carlos Javier e xa 12 sobre Sócrates, este último o máis falloso na pasada xornada de Vilachá. Inda así, calquera dos 4 mantén as súas opcións á vitoria final, na cal, por suposto, vai contar moito a templanza dos xogadores; neste sentido, Arturo parte con vantaxe, dada a súa experiencia e o número de vitorias acadadas nas 24 edicións deste Campionato, razón pola cal neste intre é claramente favorito a renovar o título, que en caso de obtelo, sería o seu XIIIº.
Liga Senior Feminina.- Nesta Liga, definido xa o título a semana pasada, quedaba a pelexa pola segunda e terceira posición. Pois ben, a falla das tiradas de Morás (2 de marzo) e Sumoas (9 de marzo), Belén Meitín con 49 puntos asegura practicamente o subcampionato final, quedando a pelexa pola terceira praza restante entre Concepción Piñeiro con 40 puntos e Dolores Baño con 39, esta última grazas á vitoria obtida e mellor bolada esta pasada fin de semana en Vilachá.
Liga Sub 16.- Nesta Liga tamén está practicamente todo decidido. Daniel López proclamouse brillantemente CAMPIÓN DESTA XIIIª EDICIÓN DA LIGA SUB 16; os 16 puntos de vantaxe sobre a súa inmediata perseguidora son xa definitivos.
A pelexa que había entre Salomé Cardoso e seu irmán Isaías pola segunda praza, practicamente quedou resolta a favor da primeira, grazas á súa vitoria e mellor bolada, o que lle permite a Salomé manter unha diferenza de 9 puntos insalvable para Isaías.
A vindeira tirada, e DECIMOSÉTIMA DO CAMPIONATO, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MORÁS o vindeiro SÁBADO 2 DE MARZO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).
|
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ ( 23 FEBREIRO 2013) 38 INSCRITOS: 23 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA |
|||||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
||
|
LIGA SENIOR |
|||||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA |
323 |
12 |
||
| SEGUNDO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
292 |
10 |
||
| TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL BERMÚDEZ CASABELLA |
277 |
8 |
||
| CUARTO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
274 |
7 |
||
| QUINTO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA |
271 |
6 |
||
| SEXTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
265 |
5 |
||
| SÉTIMO | FÉLIX MÉNDEZ GALDO |
265 |
4 |
||
| OITAVO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
264 |
3 |
||
| NOVENO | JOSE VIGO LAGE |
263 |
2 |
||
| DÉCIMO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
247 |
1 |
||
| MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA |
89 |
1 |
||
|
LIGA SUB 18 |
|||||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
158 |
6 |
||
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
158 |
4 |
||
| TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ |
156 |
3 |
||
| CUARTO | CRISTIAN GEADA CARPINTERO |
76 |
2 |
||
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
69 |
1 |
||
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
62 |
1 |
||
|
LIGA FEMININA |
|||||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA |
223 |
6 |
||
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
202 |
4 |
||
| TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL |
188 |
3 |
||
| CUARTO | LEONOR CASABELLA RORÍGUEZ |
147 |
2 |
||
| QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
133 |
1 |
||
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA |
69 |
1 |
||



















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
