Lugo, 26 de febreiro de 2013.- A Comisión Organizadora do XVI Congreso do PP de Lugo presentou esta maña a tódolos membros que formarán a mesa do conclave que terá lugar o vindeiro sábado, día 2 de marzo, na casa da cultura de Burela.
A presidenta será a voceira do PP en Monforte e Deputada Autonómica, Julia Rodríguez Barreira; o vicepresidente será o rexedor de Antas de Ulla, Javier Varela; a secretaria será a edila popular no Concello de Lugo, Encarna Amigo e o secretario adxunto será o edil de As Nogais, Fernando Rodríguez González. Os vogais serán: a tenente de alcalde de Abadín, Begoña Gaute, unha edila de Sarria e o Vicesecretario Territorial de NNXX, Diego Campo.
Un conclave, que por primeira vez na historia, ten lugar fóra da capital lucense e ao que os populares lucenses chegan reforzados internamente e coa consolidación do apoio dunha maioría social como así demostra o estudo de datos obxectivos, así como o impulso de novas estruturas de participación e coordinación interna.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



