Cervo, 27 de febreiro de 2013-A IV Ruta Medela de cicloturismo que terá lugar este domingo día 3 contará coa participación de máis de 120 ciclistas, que xa están inscritos, procedentes de diversos lugares da Mariña, das provincias de Lugo e Pontevedra así como de Asturias. Polo tanto, esta cita deportiva demostra un ano máis a súa capacidade de convocatoria máis alá da comarca mariñá. Unha ruta que organiza o Club Medela MTB e na que colaboran o Concello, a Deputación, Fundación Alcoa e Rodabell.
O perfil dos inscritos é o dun ciclista federado, debido precisamente ao tipo de ruta, de dificultade media, e que inclúe un percorrido de 38 quilómetros por vías e camiños do municipio e con tramos de enduro. Cabe destacar que nesta cuarta edición a ruta conta con novos sendeiros de monte destinados exclusivamente a bicicletas e que os mesmos socios do club se encargaron de limpar e preparar.
Deste xeito, o percorrido mantense máis ou menos estable con respecto ao ano pasado, pero dispoñendo dalgunhas vías máis axeitadas para as bicicletas de montaña e que lle engaden máis atractivo se cabe á ruta, que de por si xa discorre por lugares de interese paisaxístico, histórico e patrimonial como as antigas fábricas de salgadura de San Cibrao, o camiño real de Cervo, a fábrica de Sargadelos, o conxunto Histórico-Artístico ou o Paseo dos Namorados.
O percorrido comezará ás 9:30 horas, con saída dende as inmediacións da piscina de Lieiro pasando por Vilar, Lieiro, Espiñerido, Cervo, Sargadelos, A Senra e Gondrás para rematar no mesmo punto de partida sobre as 15:30 horas. Na metade do camiño haberá un avituallamento para repoñer forzas e unha comida ao remate.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
