A xustiza pechou o caso Gazeley, dando a razón por segunda vez á Deputación de Lugo e obrigando á empresa a pagar todos as costas. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, avanzou este mércores que o Xulgado de Primeira Instancia vén de declarar “firme” a sentenza existente sobre este procedemento -a favor da institución- nun auto de resolución emitido logo de que a entidade de Dubai decidise retirar o recurso de apelación presentado ante a Audiencia Provincial.
García Porto explicou que “malia a contundencia da sentenza do Xulgado do Mercantil, Gazeley decidiu en xaneiro presentar un recurso de apelación que, finalmente, esta empresa se viu obrigada a retirar, consciente de que non ten ningún argumento para reclamar á Deputación 4 millóns de euros de todos os lucenses. A xustiza non só mantén que esta institución non ten que indemnizar de ningunha maneira a esta entidade, senón que determinar que é Gazeley quen ten que pagar ós lucenses os custes ocasionados por este caso, é dicir, tanto as costas do xuízo como as do recurso de apelación”.
O PP non defende os intereses dos lucenses
Ante esta nova, a Deputada subliñou que “todos os lucenses estamos de noraboa. Os feitos amosan, unha vez máis, que a Deputación de Lugo xestiona ben e que sabe facer valer a súa xestión e os seus dereitos ante intereses espurios ou especulativos. E faino sen o apoio do Partido Popular lugués que, lonxe de manter unha actitude prudente, preferiu manipular este asunto e defender os argumentos dunha empresa de Dubai, que tirou polo chan a xustiza, fronte ós dunha institución que representa ós cidadáns desta provincia. A actitude do PP xa quedou patente onte no Pleno, onde tampouco defendeu os intereses dos lucenses, senón os do Goberno galego, facendo de Delegados da Xunta, ó negarse a que a principal administración galega cofinancie os servizos sociais e o emprego en Lugo como fai nas restantes provincias; ó opoñerse a manter as áreas sanitarias do Hospital da Costa e do de Monforte, así como os seus servizos; ou ó rexeitar que Fomento impulse a Autovía Lugo-Santiago. É hora de que o PP de Lugo pida desculpas ós lucenses”.
Sen argumentos
Gazeley tivo que retirar o recurso de apelación ante a Audiencia Provincial ó quedarse sen argumentos, tendo en conta a sentencia do Xulgado do Mercantil, que mantén:
PRIMEIRO.- O contrato de compra-venda da parcela do polígono de Begonte asinado en 2008 por Gazeley e SUPLUSA recolle unha cláusula na que, especificamente, a empresa renuncia a indemnización no caso de que se incumpra o prazo de execución das obras, un prazo que, en todo caso, se incluía no contrato só con mero carácter referencial e co obxectivo de facilitar as xestións de Gazeley con Carrefour.
SEGUNDO.- Na escritura de compra-venda da parcela asinada por Gazeley e SUPLUSA en 2009 recóllese, literalmente, que “a parte compradora –Gazeley- coñece e acepta o estado no que se atopan as obras de urbanización do polígono, inconclusas, e a entidade vendedora –SUPLUSA-, pola súa banda, comprométese a finalizalas totalmente e á súa costa”, sen establecerse ningún prazo en concreto para facelo. É dicir, co consenso de Gazeley, na escritura non se fixa ningún prazo para rematar as obras do polígono.
TERCEIRO.- A xuíza estima probada a vontade de SUPLUSA de cumprir a súa obriga de terminar as obras de urbanización do polígono e de dotalo de subministro eléctrico por dúas razóns:
– Por un lado, está acreditado documentalmente que, dende o ano 2005 -é dicir, aínda antes de que SUPLUSA lle vendera a parcela a Gazeley-, houbo contactos e conversas entre a Sociedade Urbanística Provincial e a compañía eléctrica BEGASA para dotar ó polígono de subministro eléctrico.
– E, por outro lado, BEGASA confirmou tal extremo e deu fe no xuízo de que se estivo negociando o convenio de colaboración entre SUPLUSA e BEGASA co fin de encontrar a mellor solución dende o punto de vista técnico e económico; que o tempo de negociación foi normal, e que a solución máis viable finalmente foi unha liña de media tensión.
“Pero non só iso”, explicou Pilar García, ademais de non apreciar desidia, nin deixadez por parte de SUPLUSA, “a xuíza recoñece que a entidade provincial lle deu facilidades a Gazeley, permitíndolle que, antes da venda da parcela, puidese adiantar traballos de construción do seu centro de distribución de mercadorías, co que puido acabalo e entregalo a tempo en arrendamento a Carrefour”.
Gazeley
Gazeley comprou en 2008 unha parcela no parque empresarial de Begonte, onde construíu un centro de distribución de mercancías, que, posteriormente, arrendou a Centros Comerciais Carrefour S.A. Esta firma comercial estivo utilizando a mencionada nave ata o 28 de febreiro de 2012. Catro meses despois, en xuño de 2012, Gazeley interpuxo unha demanda contra SUPLUSA na que lle esixía danos e perxuízos, alegando que o suposto incumprimento das obras do polígono lle provocara perdas económicas.















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



